sábado, 17 de diciembre de 2011

CUANDO LA INFANCIA TIENE ALGO DE FRONTERA



Un día descubres los bolsillos
huérfanos de canicas y de cromos,
hechas de menos el balón de los recreos
y las novelas de Marcial Lafuente Estefanía.
Nada queda de las tardes de aventura,
de la búsqueda de nidos y de setas,
bocadillos de nocilla, tigretones y phoskitos,
el dictado, la tabla de multiplicar estrellas,
y los afluentes del Duero que recitabas de memoria
ante la severa pizarra de la primera escuela.
También se han ido los muñecos de nieve,
los héroes de los tebeos derrotando a los malvados,
el Sil allá abajo como una frontera de misterio
y las mariposas clavadas
en los alfileres de la inocencia.

Encuentras en cambio más arrugas en la cara,
alarmas blancas entre el pelo
y los gestos como cansados
al borde de un abismo.
Te queman las tarjetas bancarias casi sin fondos,
los buzones inundados de publicidad,
la cita con el oftalmólogo,
la comunidad de vecinos, los atascos,
tantas revoluciones perdidas,
y el despertar malhumorado de tu compañera.
Sabes entonces que tu infancia ha quedado muy atrás,
que el barco pirata naufragó hace tiempo
y que el Capitán Trueno
no acudirá jamás
a rescatar a la princesa.

viernes, 9 de diciembre de 2011

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 3)


Seguimos.
Hoxe tócalle ós números do 41 ó 60. Recomendacións:
“47 Ronin”, unha boa mostra do cine nipón, unha historia de honor e vinganza baseada en feitos acaecidos no século XVIII, un minucioso achegamento ó sistema feudal xaponés e ó mundo dos samurais. É bastante longa e cun ritmo lento, pero paga a pena vela.
“Límite 48 horas”, entretido film de acción e comedia, cun Eddie Murphy en plena forma (no 90 fixeron unha secuela, “48 horas más”, inferior a esta).
"55 días en Pekín", con Charlon Heston, Ava Gardner, David Niven.

· EL CUARENTA Y UNO (Grigori Chukahri, 1956): Izolda Izvitskaya, Oleg Strizhenov, Nikolai Kryuchkov, George Shapovalov.
· VERANO DEL 42 (Robert Mulligan, 1971): Jennifer O’Neill, Gary Grimes, Oliver Conant, Lou Frizell, Jerry Houser.
· TEHERAN 43 (Aleksandr Alov y Vladimir Naumov, 1981): Alain Delon, Natalia Belokhvostikova, Curd Jurgens, Claude Jade.
· ESTACION LUNAR 44 (Roland Emmerich, 1990): Michael Paré, Lisa Eichhorn, Dean Devlin, Malcoln McDowell, Leon Rippy.
· COLT 45 (Edwin L. Marin, 1950): Randolph Scot, Zachary Scout, Ruth Roman, Lloyd Bridges, Ian MacDonald.
· CODIGO 46 (Michael Winterbotton, 2003): Tim Robbins, Samantha Morton, Om Puri, Jeanne Balibar, Nina Fogg.
· 47 RONIN (Hiroshi Inagaki, 1962): Koshiro Matsumoto, Yuzo Kayama, Akira Takarada, Yosuke Natsuki, Tatsuya Mihashi.
· LIMTE 48 HORAS (Walter Hill, 1982): Nick Nolte, Eddie Murphy, Annette O’Toole, James Remar, Frank McRae.
· BRIGADA 49 (Jay Rusell, 2004): Joaquin Phoenix, Jhon Travolta, Jacinda Barret, Kevin Daniels, Robert Patrick.
· 50 PRIMERAS CITAS (Peter Segal, 2004): Adam Sandler, Drew Barymore, Rob Schneider, Sean Astin, Allen Covert.
· EL DOSSIER 51 (Michel Deville, 1978): Françoise Béliard, Gerard Desselles, Patraick Chesnais, Jean Dautremay, jenny Clève.
· 52 VIVE O MUERE (John Frankenheimer, 1986): Roy Scheider, John Glover, Ann Margret, Lony Chapman, Robert Trebor.
· 53 DÍAS DE INVIERNO (Judith Colell, 2007): Mercedes Sampietro, Aina Cloret, Alex Brendemühl, Silvia Munt., Joaquim de Almeida, Celso Bugallo.
· 54 (Mark Christopher, 1998): Ryan Phillippe, Neve Campbell, Salma Hayek, Mike Myers, Breckin Meyer.
· 55 DÍAS EN PEKÍN (Nicholas Ray, 1963): Charlon Heston, Ava Gardner, David Niven, Jhon Ireland, Flora Robson.
· LA CASA DE LA CALLE 56 (Robert Florey, 1933): Ricardo Cortez, Kay Francis, Margaret Lindsay, Gene Raymond, John Halliday.
· PASAJERO 57 (Kevin Hooks, 1992): Wesley Snipes, Bruce Payne, Tom Sizemore, Michael Horse, Elizabeth Hurley.
· PSIQUE 59 (Alexander Singer, 1964): Curd Jürgens, Patricia Neal, Samantha Eggar, Ian Bannen, Elspeth March.
· 60 SEGUNDOS (Dominic Sena, 2000): Nicholas Cage, Angeline Jolie, Robert Duvall, Giovanni Ribisi, Will Paton.

domingo, 4 de diciembre de 2011

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 2)

SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada un procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.

Desta volta os números van do 21 ó 40. A destacar: 21 GRAMOS un crebacabezas no que os fragmentos van encaixando ata converterse nunha obra maxistral (”¿Canto pesa a culpa? ¿Canto pesa a vida? Din que todos perdemos 21 gramos no intre exacto da nosa morte”), excelente película dun director que xa nos sorprendera gratamente con AMORES PERROS;  27 HORAS, non é das mellores de Armendariz pero sabe captar o desencanto da xuventude dos oitenta que se movía entre o pesimismo, a desconfianza do futuro, as drogas e a marxinalidade; e, por suposto, 39 ESCALONES, do mestre Hitchok.

· 21 GRAMOS (Alejandro González Iñárritu, 2003): Sean Penn, Benicio del Toro, Naomi Watts, Melissa Leo, Charlotte Gainsbourg.
· TRAMPA-22 (Mike Nichols, 1970): Alan Arkin, Jon Voight, Orson Welles, Anthony Perkins, Martin Sheen, Paula Prentiss.
· A 23 PASOS DE BAKER STREET (Henry Hathaway, 1956): Van Johnson, Vera Miles, Cecil Parker, Patricia Laffan, Maurice Denham.
· 24 HORAS EN LA VIDA DE UNA MUJER (Laurent Bouhnik, 2002): Agnes Jaqui, Michel Serrault, Berenice Bejo, Frances Barber, Clement van der Bergh.
· LA HORA 25 (Henri Verneuil, 1967): Anthony Quinn, Virna Lisi, Michael Redgrave, Marcel Dalio, Gregorie Aslan.
· ZATOICHI 26 (Shintaro Katsu, 1989): Shintaro Katsu, Kanako Higuchi, Takanori Jinnai, Yuya Uchida, Ken Ogata.
· 27 HORAS (Montxo Armendariz, 1986): Maribel Verdú, Martxelo Rubio, Ramón Barea, Antonio Banderas, Silvia Arrese, André Falcon.
· 28 SEMANAS DESPUES (Juan Carlos Fresnadillo, 2007): Robert Carlyle, Rose Byrne, Catherine McCormack, Jeremy Renner, Emily Beecham.
· RUTA 29 (Nicolas Roeg, 1988): Theresa Russell, Gary Oldman, Christopher Lloyd, Colleen Camp, Sandra Berndhard.
· 30 SEGUNDOS SOBRE TOKIO (Mervyn LeRoy, 1944): Spencer Tracy, Van Johnson, Robert Walker, Scott Mckay, Robert Mitchum.
· ADALEN 31 (Bo Widerberg, 1969): Peter Schildt, Roland Hedlund, Kerstin Tidelius, Marie De Geer, Anita Björk.
· UN PAR DE ZAPATOS DEL 32 (Rafael Romero Marchent, 1973): Ray Milland, Sylva Koscina, Ramiro Oliveros, Franco Giacobini., María Silva.
· PACIENTE 33 (Silvia Quer, 2007): Pilar Almería, Sergio Caballero, Juanjo Puigcorbé, Enric Esteve, Laura Mañá.
· DISTRITO 34: CORRUPCIÓN TOTAL (Sydney Lumet, 1990): Nick Nolte, Timothy Hutton, Armand Assante, Paul Calderon, Patrick O’Neal.
· KALIBRE 35 (Raúl García R. Jr. 2000): Robinson Díaz, Juana Acosta, Juan Carlos Vargas, Mario Duarte, Gustavo Angarita.
· LAS LARGAS VACACIONES DEL 36 (Jaime Camino, 1976): José Sacristán, Concha Velasco, Francisco Rabal, Analía Gadé, Ismael Merlo, Ángela Molina.
· 37 HORAS DESESPERADAS (Michael Cimino, 1990): Mickey Rourke, Anthony Hopkins, Mimi Rogers, Kelly Lynch, Elías Koteas.
· 38 (Wolfgang Glück, 1986): Tobías Engel, Sunnyi Melles, Heinz Trixner, Romuald Pekny, Infrid Burkhard.
· 39 ESCALONES (Alfred Hitchock, 1935): Robert Donat, Madeleine Caroll, Lucie Mannheim, John Laurie, Goddfrey Tearle.
· 40 GRADOS A LA SOMBRA (Mariano Ozores, 1967): Gracita Morales, Antonio Ozores, Alfredo Landa, José Luis López Vázquez, Julieta Serrano.

martes, 29 de noviembre de 2011

Cousas do tempo

O malo do tempo é que non sabe estarse quieto. Bulideiro, hiperactivo, sempre anda de aquí para acolá, sen acougo.
Non ten paradura e así non hai maneira...

martes, 15 de noviembre de 2011

DE NÓS DEPENDE

Cando faltan só uns días para as eleccións xerais quero mostrar aquí unha viñeta de “El Roto” que invita a reflexión.
Reflexionemos, pois.

lunes, 7 de noviembre de 2011

MEXADA POPULAR

Naceu nun país afeito a que mexen por un e ter que dicir que chove. Pero este can é espabilado e debeu pensar “antes mexo eu por eles”.
E aquí o tedes, ouriñando con chulería non exenta de gracia e donaire.
Para que logo digan que os carteis políticos non fan servicio!

sábado, 29 de octubre de 2011

RUBIAS (DO PAÍS)

Parderrubias (Concello de A Merca, Ourense).

Vaia par de rubias (nun lameiro de Ribas de Sil, Lugo).


*A foto das rubias é de Eladio Osorio

miércoles, 5 de octubre de 2011

AS MÉDULAS, UN LUGAR PARA O ASOMBRO

Na comarca leonesa do Bierzo, preto do lago de Carucedo, atópanse AS MÉDULAS, a maior explotación aurífera a ceo aberto que os romanos tiveron en Hispania.
Desde o miradoiro de Orellán a vista impresiona: picoutos roxos emerxen entre o verde da vexetación desafiando ó ceo e á lei da gravidade. É o que queda dunha montaña desmantelada para extraer o metal amarelo.


Unha paisaxe estraña.
Un lugar misterioso.
Unha viaxe no tempo.
Un mundo perdido.
Unha lección de historia.



O xeógrafo e historiador romano Plinio O Vello, que estivo na península ibérica a mediados do século I, deixounos unha descrición do método para extraer o ouro. Construían grandes depósitos de auga nas partes altas da montaña a escavar e furaban cunha complexa rede de túneles e pozos as entrañas do xacemento. Despois botaban auga por eles. A entrada repentina da auga, que collía velocidade mentres baixaba producía erosións, turbulencias e golpes no interior da montaña que terminaba por derrubarse. A este procedemento chamábanlle “ruína montiun”.
Despois a terra era canalizada cara os lavadoiros onde se separaba o ouro.


Unha montaña aniquilada polo esforzado traballo da poboación nativa e as técnicas dos romanos. Calculan que o longo dos 2 séculos que durou a explotación movéronse máis de 230 millóns de metros cúbicos de terra. A cifra é difícil de asimilar.
Non sabemos canto ouro se puido sacar de aquí. Imposible recuperar o que foi esto nos séculos I e II en plena actividade. A nós, agora, desde o miradoiro de Orellán, paseando pola cunca das Valiñas ou entrando nas bocaminas de “La Cuevona e “La Encantada”, só nos queda o asombro.


miércoles, 21 de septiembre de 2011

SUNSHINE AWARD

Despois de pensalo uns días, consultalo coa almofada e ser asesorado polos meus avogados, decido (por fin) aceptar o reto do premio/meme que me manda Zeltia (grazas por lembrarte de min), que tampouco é cuestión de facerlle un feo a unha boa amiga blogueira.
Así pois que siga rulando o Sunshine award (¿quen inventará estas cousas?) e para eso as normas din que teño que encasquetarllo a outros 12 blogs.
¿E a cales? Pois nada, por rigoroso orde alfabético dos nomes dos blogs que teño enlazados empezando, eso si, pola Z. Porque de cando en vez os últimos tamén teñen dereito a ser os primeiros.
E os galardoados son, tachín, tachán:

Xeografía con esquinas
Xenebra
Valdeorosa
Vakastolas
Un lugar llamado Veleigaz
Trasalba ,
Tarde, siempre tarde ,
Suso Lista, percebeiro do Roncudo ,
Si, home si
Selva de Esmelle ,
Reveladora ,
Reincidente.

martes, 13 de septiembre de 2011

OS QUE ESTAMOS MALDITOS

Emigrarán os paxaros
fuxindo do inverno e do frío.
Os soños esvaeceranse
como fume no canizo.
Murcharán as risas
e as flores do camiño.
A infancia desaparecerá
por escuros labirintos.
Divertirase o luns
meténdolle medo ó domingo.
O amor liscará
co veciño do quinto.
As estrelas agocharanse,
dubidará o peregrino.
Escapará o raposo
polo monte, sen facer ruído.
Marcharán os deuses
porque ese é o seu destino.
¿Cara onde marcharemos
os que estamos malditos?

jueves, 25 de agosto de 2011

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 1)

A miña afección polo cine animoume a facer unha lista de películas que teñan algún número no título. E niso estamos: un modo como outro calquera de pasar o tempo.
Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativas do filme.
Neste primeiro avance vou desde o cero ó vinte. Si tivera que escoller algunha destas quedaríame con "Los cuatro hijos de Katie Elder", "Los siete magníficos", "Nueve reinas", "Doce hombres sin piedad" e por suposto con “Uno de los nuestros” de Scorsese.
Empezamos:

· KM. 0 (Juan Luis Iborra, 2000): Tristán Ulloa, Silke, Alberto San Juan, Concha Velasco, Carlos Fuentes.
· UNO DE LOS NUESTROS (Martin Scorsese, 1990): Robert de Niro, Joe Pesci, Ray Liotta, Lorraine Bracco, Paul Sorvino, Tony Darrow.
· DOS HERMANOS (Jean-Jacques Annaud, 2004): Guy Pearce, Jean-Claude Dreyfus, Mai Anh Le, Stephanie Lagarde, Vincent Scarito.
· LOS TRES ENTIERROS DE MELQUÍADES ESTRADA (Tommy Lee Jones, 2005): Tommy Lee Jones, Barry Pepper, Julio César Cedillo, January Jones, Levon Helm, Melissa Leo.
· LOS CUATRO HIJOS DE KATIE ELDER (Henry Hathaway, 1965): John Wayne, Dean Martin, Earl Holliman, George Kennedy, Martha Myer.
· 5 ESQUINAS (Tony Hill, 1987): Jodie Foster, Tim Robbins, Todd Graft, Elizabet Berridge, John Turturro.
- SEIS GRADOS DE SEPARACION (Fred Schepisa, 1993): Will Smith, Stockard Chonning, Donald Sutherland, Bruce Davison, Heather Graham.
· LOS SIETE MAGNÍFICOS (Jhon Sturges, 1960): Steve MacQueen, Charles Bronson, Yul Brinner, James Coburn, Eli Wallach, Robert Vaughn.
· JENNIFER 8 (Bruce Robinson, 1992): Andy García, Uma Thurman, Graham Beckel, Lance Henriksen, John Malkovich.
NUEVE REINAS (Fabian Bielinsky, 2001): Ricardo Darin, Gaston Pauls, Leticia Bredice, Elsa Balaguer, Antonio Ugo, Tomás Fonzi.
· LOS DIEZ MANDAMIENTOS (Cecil B. DeMille, 1956): Charlton Heston, Yul Brynner, Anne Baxter, Edward G. Robinson,, Edward G. Robinson, Ivonne de Carlo, John Derek.
· LA CUADRILLA DE LOS ONCE (Lewis Milestone, 1960): Frank Sinatra, Dean Martin, Sammy Davis Jr, Angie Dickinson, Peter Lawford.
· 12 HOMBRES SIN PIEDAD (Sidney Lumet, 1957): Henry Fonda, Lee J. Cobb, Jack Warden, Ed Begley, John Fiedler, E.G. Marshall.
· TRECE CAMPANADAS (Xavier Villaverde, 2003): Juan Diego Botto, Luis Tosar, Marta Etura, Rosa Alvarez, Elvira Domínguez.
· CATORCE ESTACIONES (Antonio Jiménez Rico, 1991): Geraldine Danon, Juan Luis Galiardo, Jacques Penot, Mónica Randall, Santiago Ramos.
· 15 MINUTOS (Jhon Herzfeld, 2001): Robert de Niro, Ed Burns, Kelsey Grammer, Avery Brooks, Karel Roden, James Handy.
· FELICES DIECISEIS (Ken Loach, 2002): Martin Compston, Annmarie Fulton, William Ruane, Michelle Coulter, Gary McCormack.
· EL NÚMERO 17 (Alfred Hitchcock, 1932): Leon M. Lion, Anne Grey, John Stuart, Donald Calthrop, Barry Jones.
· 18 COMIDAS (Jorge Coira, 2010): Luis Tosar, Esperanza Pedreño, María Vázquez, Cristina Brondo, Víctor Clavijo.
· K-19: THE WIDOWMAKER (Kathryn Bigelow, 2002): Harrison Ford, Liam Neeson, Peter Sarsgaard, Joss Ackland, Donald Sumpter.
· LOS VIOLENTOS AÑOS VEINTE (Raoul Walsh, 1939): James Cagney, Priscilla Lane, Humphrey Bogart, Jeffrey Lynn, Gladis George, Paul Kelly.

Continuará....

sábado, 20 de agosto de 2011

A FUXIDA

Dixo que ía a Santiago pero tomou as de Villadiego.

domingo, 31 de julio de 2011

E AGORA, LISBOA

Na cidade dos sete outeiros haberá que visitar o Castelo de San Jorge, a Catedral, o Mosteiro dos Jerónimos e a Torre de Belem, as Praças dos Restauradores e Rossio, subir os tranvías e o elevador de Santa Justa, perderse polos barrios de Chiado, La Baixa e Alfama, probar os peixinhos da horta e as pataniscas de bacalhao, o viño de Oporto e os pasteis de Belem mentres de fondo se escoita a voz poética e nostálxica dun fado de Amalia Rodrigues. De recordo traerei un galo de Barcelos e o mellor antes da fronteira ata merco media ducia de toallas.

jueves, 21 de julio de 2011

DESTINO: LA PALMA

Nos vindeiros días non me busquedes no babel das rúas de Vigo nin polos montes de Sober. Estarei por aquí recorrendo Cumbre Vieja, o volcán de Teneguía, Caldera de Taburiente, o Barranco das Angustias, subindo a Roque de los Muchachos, perdéndome polos bosques de laurisilva, bebendo viño de malvasía e comendo papas arrugadas con mojo picón.

viernes, 8 de julio de 2011

SGAE: TOMA O DIÑEIRO E CORRE

O da SGAE víase vir. Que se pode esperar dunha sociedade que ten un directivo chamado Caco!

viernes, 1 de julio de 2011

Por fin é venres

O venres ten a pel húmida
de choiva e despedidas,
de olladas de treboada e loucura,
de remuíños de xeo con ron.
O venres ten un certo sabor a raia medianeira,
a fotografías mergulladas no esquecemento,
a palabras aboiando
entre neón, fume e xiringas.
Nas noites dos venres búscame
nas barras dos bares,
nas esquinas onde a cidade
é un brinco o baleiro,
nos ollos que espreitan
o retorno dos anxos,
nun estreito WC fora de servicio,
nos portais onde ule a femia
e a bicos de cinza e alcohol.
E beber o último grolo con calquera,
e ser un cómplice máis da troula nocturna,
e dicir amigo, cubata, alento,
orgullo, desexo, taberna, madrugada....
e esperar o amencer.

martes, 24 de mayo de 2011

SLOGAN

Centos de promesas, miles de mitins, millóns de carteis, descualificacións mutuas, corruptos nas listas, carrexo de votantes, sondaxes a pé de urna, sorrisos e desencanto, vencedores e vencidos. De todo o tsunami electoral quédome cun slogan do Movemento 15-M.

miércoles, 18 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO

No amor
como na guerra
nunca chegamos a escoitar
o disparo que nos alcanza.
Lois Pereiro

martes, 10 de mayo de 2011

WESTER X: PAT GARRET E BILLY THE KID

Billy: “Como te sintes?
Pat : É como si os tempos houberan cambiado.
Billy: Os tempos quizais, eu non.”
------------------
Billy: “Nunca te imaxinei o lado da lei.
Pat : É unha forma de seguir vivo. Non importa en que situación estás, sempre tes razón.”
------------------
Billy: “Non fai moito tempo que a lei era eu e traballaba para Chisum. E Pat era un foraxido. A lei é unha cousa curiosa, verdade?”
------------------
Estes son algúns dos diálogos de Pat Garret e Billy The Kid, wester dirixido por Sam Peckimpah en 1973 e protagonizado por James Coburn e Kris Kristofferson nos papeis principais.
Un achegamento máis a dous personaxes míticos. O Salvaxe Oeste que respiraba a golpe de revólver esmorece, chega o ferrocarril, os negocios, os terratenentes, a civilización, os novos tempos. O progreso significa acatar unhas normas. Pat Garret enténdeo e trata de adaptarse; Billy non, por eso o enfrontamento será inevitable.
Dous vellos compañeiros que cabalgaron xuntos. Billy é un fóra de lei, un tipo incómodo o que hai que eliminar, e Pat agora sheriff de Lincoln ten o deber de perseguir e capturar o seu antigo camarada. Cando o mata en Fort Summer sabe que no fondo estase matando a si mesmo, e o prezo que ten que pagar por venderse o poder.
Wester crepuscular, peli amarga e melancólica coas sinais de identidade do mestre Peckinpah. Violencia, cámara lenta, antiheroes, perdedores, unha paisaxe agreste e dura, poeira e sucidade, todo o servicio dun dos seus temas preferidos: a amizade traizoada.
Ante un xénero (o wester) que agonizaba, o director retrata un mundo en declive, a desaparición dunha forma de vida, do latir dun territorio. “Esta é a historia dunha época, dunha lenda, non a historia de dous pistoleiros”, dixo Sam Peckinpah.
A música é de Bob Dylan que tamén actúa nun curioso e estraño papel. Bob e moi mal actor pero deixounos unha banda sonora memorable.

lunes, 2 de mayo de 2011

DESFASE TEMPORAL

Mirade si están as cousas mal por Andalucía que este ano a Feira de Abril vai en maio.

martes, 26 de abril de 2011

JAVIER KRAHE EN VIGO

Ten un certo aire a profeta desencantado. Nunca foi un superventas, nin encheu estadios de fútbol. O seu son os locais pequenos e un público fiel que o segue ano tras ano.
E un cantautor de minorías que gusta das rimas e as súas cancións din moito máis do que parecen a simple vista. Curioso, escéptico, burlón, fumador empedernido, irónico, irreverente, sagaz, Javier Krahe actúa este xoves 28 en Vigo. Haberá que velo porque....

martes, 22 de marzo de 2011

VOX VERITAS VITA

Crían na verdade, pero só a usaban en casos de emerxencia”.
Do libro de Manuel Rivas, As chamadas perdidas.

lunes, 14 de marzo de 2011

EN BOCA PECHADA...

Non teño palabras para dar, nin sequera eso podo ofrecer.
Non vos estrañe, pois, que non marque os naipes nin saque as mans dos bolsos. Tampouco vos sorprendades si baixo a vista, si arelo as sombras, si disimulo as feridas, si me esquezo de cousas que nunca coñecín, si busco o teléfono da brétema nas Páxinas Marelas e si me refuxio a cotío no meu tobo unipersoal.
Simplemente é que camiño de puntillas pola vida e ante as portas que se pechan e os brazos que me afastan non esperedes berros nin reproches. Desde o berce do desencanto reclamo o meu dereito o silencio.
(non falo de min)

viernes, 18 de febrero de 2011

ZAPATERO VERSUS RAJOY (MATEMATICAMENTE FALANDO)

Non se pode dicir que leven vidas paralelas pero si que se moven en círculos viciosos, teñen intereses ortogonais e desempeñan cargos homólogos nos seus partidos.
Actúan con distintos parámetros, un insiste en que dous e dous son catro, e mesmo poden ser cinco a pouco que o intentemos, e o outro desde un ángulo obtuso contesta con retranca “multiplícate por cero”, nunha pelexa dialéctica sen solución de continuidade.
Intuímos que será difícil que Zapatero poida resolver a cuadratura do círculo pero ¿quen se vai fiar de Rajoy, un tipo tan acostumado a saírse pola tanxente?

lunes, 14 de febrero de 2011

SAN VALENTÍN

Non a agasallou con flores,
non lle regalou un perfume nin xoias.
Soamente a mirou os ollos e díxolle:
QUÉROTE.

martes, 25 de enero de 2011

DE CINE

Como non todo vai ser wester, hoxe vou escribir sobre o cine español. Estas son as dúas últimas películas que vin.


BALADA TRISTE DE TROMPETA:
Para algúns será unha peli redonda para outros un experimento fallido. Gustará e desgustará a partes iguais e directamente proporcionais porque Alex de la Iglesia é así: un director persoal e controvertido que non deixa indiferente.
A pesares de ter os seus altibaixos, de secuencias que non veñen a conto (o motorista voador por exemplo), de Carolina Bang (bastante limitada como actriz), pasei un rato do mais entretido na butaca.
Delirante, colorista, graciosa, alegórica, macabra, violenta, a risa que se transforma en espanto, personaxes deliberadamente esaxerados ata o absurdo e o grotesco, irreverente, inclasificable e polo tanto indefinible. Alex de la Iglesia en estado puro.



TAMBIEN LA LLUVIA:
Esperaba máis de Iciar Bollaín por ser a directora das estupendas “Flores de otro mundo” e “Te doy mis ojos”; e esperaba máis de Luís Tosar, que está ben pero lonxe das grandes interpretacións as que nos ten acostumados.
Un equipo de cine chega a Cochabamba (Bolivia) para rodar un filme sobre a figura de Cristóbal Colón e a represión dos indíxenas. O pouco estalla un conflicto pola privatización da auga que pon en perigo a finalización da rodaxe.
Cine social, de denuncia, non en van o guionista é Paúl Laverty, asiduo colaborador de Ken Loach. Dúas crónicas con 500 anos de diferencia. Antes o ouro, agora a auga. Os indíxenas loitando por sobrevivir co pouco que teñen. Enfronte a mesma brutalidade, a mesma inxustiza, sempre os mesmos no poder.
Pero a emoción non logra traspasar a pantalla, unha frialdade parece enchoupar os fotogramas, un non se acaba de crer de todo a historia que semella plana, lineal; quizais a peregrinaxe polas distintas épocas (unha película dentro doutra, cine dentro do cine) non axuda. Hai diálogos algo forzados, personaxes pouco debuxados que rematan por ser superficiais, e un final politicamente acertado pero claramente mellorable.
A película é correcta, entretén, pero saín do cine coa sensación de que se lle podía haber sacado mais partido.

jueves, 20 de enero de 2011

WESTER IX: WYATT EARP

“Canto máis unida estea a familia, mellor. Só podes confiar nela, quero que o recordedes. Nada conta tanto como o sangue. Os demais son estraños.”
Estas palabras que o rapaz Wyatt lle escoita a seu pai marcárono para sempre e foron unha constante na súa vida.
Máis alá do sonado enfrontamento en O. K. Corral contra os Clanton e os McLaurys, esta é a historia da vida de Wyatt Earp pero tamén é a historia da relevancia que teñen os vínculos familiares e como estes son fundamentais para sobrevivir nunha terra dura, salvaxe e violenta.
O cine achegouse en moitas ocasións a este persoeiro (un dos máis famosos do oeste americano) e directores como John Ford, John Sturges, Frank Perry ou George P. Comatos tamén mostraron a súa visión.
Co permiso de Eastwood, Lawrence Kasdan e Kevin Costner foron os que revitalizaron o wester nos 80 e 90. Kasdan dirixira Silverado no 85, unha boa película na que Costner fixo unha interpretación un tanto infantil e aloucada. A madurez viríalle despois, aparte deste filme, coa oscarizada Bailando con lobos e en Open Range (nas dúas como actor/director).
A pesares de que non funcionou ben na súa estrea Wyatt Earp é un wester máis que digno. A cinta mostra a un Wyatt desmitificado (incluíndo o seu descenso os infernos ata converterse en ladrón de cabalos), vingativo, déspota as veces, pero coa importancia e o valor da familia sempre presente.
Kasdan soubo rodearse dun bo elenco de actores, ademais de Costner estaban Dennis Quaid, Isabelle Rosellini, Gene Hackman, Michael Madsen... A destacar tamén a fotografía, a música e unha ambientación da época mais que notable,
Acusárona de duración excesiva. É certo, os 183 minutos poida que se fagan longos e hai partes que si se eliminan non prexudican a historia. Outros recrimináronlle ó director que non desenrolara máis o personaxe de Doc Holiday (excelente Dennis Quaid que adelgazou 20 quilos para interpretar o xogador tuberculoso, amigo dos Earp). Con todo, a min paréceme un bo filme e onte volvín a velo.