poida que ti sexas un tipo
duro
aínda que nunca pisases
Tombstone ou Dogde City
nin defendeses dilixencias
Winchester en man
nin chegases a cabalo á última
fronteira
alí onde os apaches entoan
cantos de guerra
e bailan con furor arredor do
lume
sabes sobrepoñerte ás crises e
ós estremecementos
baixo a pel curtida de
fracasos e agravios
un inverno en paro en Vigo
pode ser tan frío
como nas Rocky Mountains
e as hipotecas tamén traen un
medo afiado entre os dentes
nesta cidade fundida os días
van caendo
como fichas de dominó
as facturas e os vexames son
coma unha tormenta
que axota ás árbores da
avenida
e fai poñer cara de póker nas fotografías
de carné que amarelan nos
bolsos
si
ti
tamén podes ser un tipo duro
aínda que nunca disparases
sobre Liberty Balance