miércoles, 21 de septiembre de 2011

SUNSHINE AWARD

Despois de pensalo uns días, consultalo coa almofada e ser asesorado polos meus avogados, decido (por fin) aceptar o reto do premio/meme que me manda Zeltia (grazas por lembrarte de min), que tampouco é cuestión de facerlle un feo a unha boa amiga blogueira.
Así pois que siga rulando o Sunshine award (¿quen inventará estas cousas?) e para eso as normas din que teño que encasquetarllo a outros 12 blogs.
¿E a cales? Pois nada, por rigoroso orde alfabético dos nomes dos blogs que teño enlazados empezando, eso si, pola Z. Porque de cando en vez os últimos tamén teñen dereito a ser os primeiros.
E os galardoados son, tachín, tachán:

Xeografía con esquinas
Xenebra
Valdeorosa
Vakastolas
Un lugar llamado Veleigaz
Trasalba ,
Tarde, siempre tarde ,
Suso Lista, percebeiro do Roncudo ,
Si, home si
Selva de Esmelle ,
Reveladora ,
Reincidente.

martes, 13 de septiembre de 2011

OS QUE ESTAMOS MALDITOS

Emigrarán os paxaros
fuxindo do inverno e do frío.
Os soños esvaeceranse
como fume no canizo.
Murcharán as risas
e as flores do camiño.
A infancia desaparecerá
por escuros labirintos.
Divertirase o luns
meténdolle medo ó domingo.
O amor liscará
co veciño do quinto.
As estrelas agocharanse,
dubidará o peregrino.
Escapará o raposo
polo monte, sen facer ruído.
Marcharán os deuses
porque ese é o seu destino.
¿Cara onde marcharemos
os que estamos malditos?