sábado, 24 de marzo de 2012

FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

O 31 de marzo e o 1 de abril Sober celebra a súa XXXII Feira do Viño de Amandi. O ano pasado deu moi boa colleita (en calidade e cantidade), así que haberá viño a esgalla para satisfacer os padais máis exquisitos e as gorxas máis sedentas.
Quedades oficialmente convidados.

martes, 20 de marzo de 2012

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 5)

SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e  procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.

E desta volta vai do 81 ó 100. Destacaría “La casa de la calle 92” (película con sabor a cine clásico), “Vuelo 93” (entretida reconstrucción de un dos voos implicados no 11-S) e “Mamá cumple 100 años (una de Carlos Saura).

· DOWNTOWN 81 (Edo Bertoglio, 1981): Jean-Michel Basquiat, Vincent Gallo, Deborah Harry, Tom Baker, Roberta Bayley.
· SPORTLOTO 82 (Leonid Gaidai, 1982): Algis Arlauskas, Svetlana Amanova, Andrei Tolshin, Mikhail Pugovkin.
· 83 HORAS HASTA EL ALBA (Donald Wrye, 1990): Peter Strauss, Robert Urich, Samantha Mathis, Victor Brandt.
· 84 CHARING CROSS ROAD (David Hugh Jones, 1987): Anne Bancroft, Anthony Hopkins, Judi Dench, Maurice Denham.
· EL ABUELO CUMPLE 85 (Nell Cox, 1997): Robert Stanton, Rya Kihlsledt, Jane Krakowski, Polly Draper.
· SUPERAGENTE 86 DE PELÍCULA (Peter Segal, 2008): Steve Carell, Anne Hathaway, Alan Arkin, Terence Stamp.
· TURBULENTO DISTRITO 87 (Richard A. Colla, 1972): Burt Reynolds, Jack Weston, Raquel Welch, Tom Skerrit, Yul Brynner.
· 88 MINUTOS (Jon Avnet, 2006): Al Pacino, Alicia Witt, Amy Brenneman, Ben MacKenzie, Stephen Moyer.
· 90 MILLAS (Francisco Rodríguez, 2005): Alexis Valdes, Claudia Rojas, Jorge Herrera, Daisy Granados, Laura del Frago.
· VACACIONES DE NAVIDAD ’91 (Enrico Oldoini, 1991): Christian de Sica, Máximo Boldi, Ornella Muti, Nadia Rinaldi.
· LA CASA DE LA CALLE 92 (Henry Hathaway, 1945): William Eythe, Lloyd Nolan, Signe Hasso, Gene Lockhart, Harry Bellaver.
· VUELO 93 (Paul Greengrass, 2006): Cheyenne Jackson, Polly Adams, Opal Alladin, Simon Poland, Trish Gates.
· SCREWBALL ’94 (Otto Chan, 1994): James Wong, Dick Lau, Pooi Dung Hoh, Yoyo Mung.
· HÉROES DEL 95 (Raúl Alfonso, 1947): Carmen Alcazar, Xan Das Bolas, Luis Calvo, Eduardo Fajardo, Alfonso de Córdoba.
· 96 MINUTOS (Aimeé Lagos, 2011): Brittany Snow, Evan Ross, Christian Serratos, Elena Varela, Sharon Morris.
· HONG KONG 97 (Albert Pyun, 1994): Robert Patrick, Brion James, Tim Thomerson, Selena Mangh.
· POWER 98 (Jaime Hellman, 1996): Eric Roberts, Lisa Thornhill, Jason Gedrick, Jennie Garth.
· 99 FRANCOS (Jan Kounen, 2007): Jean Dujardin, Jocelyn Quivrin, Vahina Giocante, Patrick Mille.
· MAMÁ CUMPLE 100 AÑOS (Carlos Saura, 1979): Rafaela Aparicio, Geraldine Chaplin, Fernando Fernán Gómez, Amparo Muñoz, Norman Brisky.

jueves, 1 de marzo de 2012

ANTAS

Foto: Casa do Concello de Antas.


Que Antas é especial xa o sabemos, gracias a certo blogueiro que se encarga de recordárnolo a miúdo. Estar no centro de Galicia (que é como dicir do mundo), influenciado por saborosas correntes telúricas, confírelle unhas características peculiares e quizais únicas, en todo caso máxicas.
O certo é que xa o propio alcume invita a reflexión e mesmo o asombro. Vexan, si non, que frase máis curiosa se pode formar coas letras do seu nome:
.....................En ANTAS, terra SANTA, vive SATÁN.


Adicado a Chousa