sábado, 10 de julio de 2021

camiño de volta

 


cada noite ten o seu pasadizo secreto

no que se escoita un saxofón doente

 

un cabalo desbocado cara á multitude

unha pistola disparando contra a eternidade

unha ferida subterránea

iso é o frío mentres o silencio

queima na gorxa a media voz

 

na angustia desta chousa desolada

as manchas fan incertas as estremas

 

preto da alba

antes de emprender o camiño de volta

ensaio un último berro

con premeditación e aleivosía


                                   Do libro "Nas esquinas do frío"