viernes, 31 de julio de 2015

IX Encontro á luz da Lúa

 Aproveito para copiar esta información do blog "O Colado do Vento", de Sober. Animádevos a vir!!!
Un ano máis - e xa van nove - O Colado do Vento organiza o "encontro á luz da lúa", singular xornada nocturna na que compartimos contos, cantos, saberes, poemas ou o que cada quen desexe.
Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais, as persoas participantes poden aportar poemas, cancións, contos, reflexións... 
O encontro celebrarase en Cadeiras a partir das 22:30 h, iniciando a noite cuns pinchiños de rosca con queixo e viño e licores de Sober. Quedamos nas mesas de pedra que hai xunto ao bar.
Logo, no entorno do miradoiro e santuario desenvolveranse as actuacións e intervencións das persoas participantes a partir das 11:15 aproximadamente.
Achegádevos a vivir unha noite de verán ao plenilunio!

sábado, 25 de julio de 2015

Soneto de Sabina a Krahe


Fará cousa de 13 ou 14 anos Joaquín Sabina escribiu este soneto adicado a Javier Krahe .

A SÍLABAS CUNTADAS
                                Para Javier Krahe

No dejaré sin contestar tu carta
a sílabas cuntadas, maestría,
que le debemos, buen rayo te parta,
entrambos al mester de germanía.

Derogo desde el alma del delito,
el blindaje contrito que te agravia:
a mí también me falta tu gambito
de dama y los rigores de tu labia.

¿Con quién bailar la jota en esperanto?
Sigues siendo mi gripe, mi vacuna
y el prota al alimón de mi novela.

La purga, el catalejo de mi canto,
mi murga, mi aparejo de fortuna
y el padrino más viejo de Carmela.

jueves, 23 de julio de 2015

¿Donde se habrá metido este Javier?


“No digais se nos fue el mejor de todos,
malogrose el cumplido cantautor”.*
Pero si. Javier Krahe deixounos, un infarto de miocardio tivo a culpa. Estíveno vendo en concerto non fai moito, en febreiro creo, no Ensanche (Vigo). Como ía pensar daquela que sería a última vez?
Dín que os vellos rockeiros nunca morren,  polo que se ve os xoglares e cantautores si. Escribiu máis de 150 cancións cheas de ironía e humor intelixente; foi o primeiro que  pronunciou a palabra “gilipollas” na Tve; irreverente, escéptico, tremendamente enxeñoso, poeta; no 86, en plena época do felipismo a televisión censuroulle a canción “Cuervo ingenuo”, unha crítica feroz contra o Psoe; ensinounos como cociñar un Cristo e foi denunciado por iso; escribiu “No todo va a ser follar”, toda unha declaración de intencións; nunca se vendeu nin se deixou influír por modas pasaxeiras. Para ser un tipo que se criou no barrio de Salamanca e estudou no elitista  Colexio do Pilar non está nada mal.
Agora deixounos e o mundo está moito máis baleiro e moito máis triste.
“Me gusta no hacer nada. Tengo una gran capacidad para ello”, dixo nunha ocasión. Ou sexa, que agora ti, Javier, estarás contento. Polo menos isto  reconfórtame algo.
Ata sempre, mestre.

                                          *Da canción de Krahe “Los siete pecados capitales”

sábado, 4 de julio de 2015

DOCUMENTAL (o que Rodríguez de la Fuente xamais filmou)


O león da Metro Goldwyn Mayer
roxe, arrogante e provocador,
na vizosa Devesa da Rogueira .
Enfronte, un vello xabaril,
made in Galicia,
foza despreocupado na terra húmida.
Como non te apartes ti,
pensa teimudo.

                                    Do libro "Territorios estraños"