Algúns apuntes sobre as eleccións:
-- En calquera outra comunidade o partido no poder sería duramente castigado pola crises e os recortes, pero Galicia é un “sitio distinto” como ben sabe Antón Reixa. Inmune ou indiferente o que pasa ó redor, o galego móvese polos seus propios parámetros. Por eso aquí non se castigou o PP senón que se lle outorgou aínda máis confianza.
-- Foi esta unha campaña de candidatos máis que de partidos. Ganou Feijoo, non o PP; Pachi Vázquez e Jorquera son líderes grises e así lles foi; a Xoán Bascuas non o coñece ninguén, e a Mario Conde coñéceno demasiado, pero no seu caso é un lastre; Beiras segue con seu carisma intacto (ganou el, non AGE) e a saber onde podería ter chegado si a campaña dura unha semana máis.
-- A imaxe que transmitiron as principais opcións políticas reflectiuse despois nas urnas : o PP, solidez e seguridade; o PSOE, inestabilidade; o BNG, confusión.
E unha anécdota:
Onte pola noite estaba un servidor tomando unha cervexa no “Bar Mario”, en Monforte. Nesto que entra un paisano e pregúntalle o dono : ¿Qué, quen ganou? Este díxolle: “Ganaron todos menos nós”. Coido que é a mellor frase que escoitei en todo o proceso electoral.