Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me
sobrevivise
sabendo que
debería ter sabido
impedirme a min
mesmo
descubrir que só
fun un interludio
atroz entre dous
muros de silencio
só puiden evitar
vivindo á sombra
inocularlle para
sempre a quen amaba
doses letais de amor
que envelenaba
a súa alma cunha
dor eterna
substituíndo o
desexo polo exilio
iniciei a viaxe
sen retorno
deixándome levar
sen resistencia
ó fondo dunha
interna
aniquilación chea
de nostalxia.
Lois Pereiro: “Poesía
última da amor e enfermidade”