Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
martes, 26 de diciembre de 2017
Biblioteca Pública Municipal de Sober: Zocas e decibelios, de Ramón Sandoval
Biblioteca Pública Municipal de Sober: Zocas e decibelios, de Ramón Sandoval: Chega á Biblioteca de Sober o último dos poemarios de RAMÓN SANDOVAL : ZOCAS E DECIBELIOS Ediciones La Rectoral e Concel...
jueves, 21 de diciembre de 2017
Zocas e decibelios
Pois aquí está o meu novo libro de poemas: ZOCAS E DECIBELIOS.
En realidade componse de dous poemarios: Cartografía da infancia, que relata vivencias da nenez e A pel no asfalto, este de temática urbana.
martes, 19 de diciembre de 2017
Galego e punto
Cada vez me gusta máis Luís Davila, o humorista
gráfico que tódolos días publica as súas viñetas no Faro de Vigo. Onte como
presidente da comunidade de veciños fun falar coa administradora para preparar
a convocatoria dunha asemblea extraordinaria. Ela xa a tiña escrita, así que
imprimiuna, corriximos algunha cousa e como estaba en castelán díxenlle que ma
mandara por email porque a ía por en galego. Miroume estrañada e preguntoume:
“Tu eres del Bloque?”. Eu sorrín e non
lle dixen porqué cada día me gustan máis as viñetas de Luís Davila.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)