O
destino de Osama Abdul Mohsen era saltar fronteiras, esquivar gardas
fronteirizas, recorrer km e km por estradas que quizais levan a ningures: un
ser anónimo, un refuxiado máis nesta deshumanizada Europa.
Pero
no seu camiño cruzouse Petra Lazslo, unha periodista húngara, unha reporteira
intrépida que gusta de estar sempre o pé
da noticia.
E
todo cambiou. A imaxe de Osama caendo co
seu fillo en brazos atravesou os continentes, ocupou periódicos e telediarios,
incendiou as redes sociais. Agora Osama está en España, foi recibido cos brazos
abertos, é un heroe. Florentino Pérez, ese ser superior, dedicoulle o seu
mellor sorriso. O fillo, Zaid, saltou ó Bernabeu da man do seu ídolo, Cristiano Ronaldo, algo que so está o alcance dos elixidos.
Osama
vai traballar de adestrador de fútbol, terá un soldo xusto. Si sabe xogar ben
as súas cartas cansarase de facer entrevistas, publicará un libro e mesmo pode
ser un dos concursantes na próxima edición de Superviventes.
E
todo por unha cambadela: un acto noxento e miserable pero que resultou ser do
máis beneficioso. Agora si que entendo a frase esa de que “Deus escribe dereito con liñas tortas”.
Pero,
quen é Petra Lazslo e porqué actuou así? Teño para min unha hipótese.
Polas
súas veas corre sangue zíngara, esa antiga estirpe que ó longo dos séculos e
das migracións foi quen de adquirir unha conciencia profunda do universo, de
descifrar os arcanos do tempo e o espazo, e mesmo de predicir o futuro con so
botar unha ollada.
Petra
Lazslo, herdeira de tal ancestral sabedoría, viu a Osama correndo cara ela co
seu fillo en brazos e nunha máxica décima de segundo soubo todo o que podía
facer por eles con so estirar a man, quero dicir con so estirar a perna esquerda. Así que deulle a orde
correspondente a súa extremidade inferior.
E
fíxoo coa xenerosidade que caracteriza as grandes persoas: sabendo que despois
sería incomprendida, insultada, difamada,
ameazada, despedida do seu traballo, sinalada por todos co dedo da
ignominia, mesmo creo que a queren meter no talego.
Pero
a Petra non lle importa toda esa incomprensión. Ela sabe que obrou
correctamente. Ela sabe (e eu tamén) que fixo o xusto e o necesario para que un
home bo e o seu fillo puideran ter un futuro mellor.
Alá
é grande, e os camiños do Señor son inescrutables. Amén.