Hai unha choiva que afunde os castelos,
muros de tixolos que esmagan
ós carballos teimosos do horizonte,
un mundo de panxoliñas e lareiras
onde agora medran antenas e parafusos.
Hai un desorde de vagalumes
máis alá do tempo e do solpor,
máis alá da carne e dos aramios.
Hai un iceberg que fixa o límite
para esta catedral de areas movedizas.
Hai fachos que tecen e destecen
o noso alento, sandalias que buscan
esquecidas follas de outono
como o amencer busca o orballo,
unha frase feita pomba na parede,
unha liberdade que gatea polas canelas,
polo ventre, ata a fronte.
O demais é baleiro,
o demais é silencio.
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
viernes, 30 de marzo de 2007
domingo, 18 de marzo de 2007
Homes, loiras, coches
Pola noite os coches fican
no seu soño de buxías e aparellos
tralas portas metálicas de anónimos garaxes.
Pola noite hai homes que traballan a reo
e loitan contra a fatiga e súan
e remoen pensamentos confusos, gastados,
mentres as mans, mecánicas, fan o seu labor.

E fermosas loiras de tacón alto
déixanse querer na barra dun nigth-club,
déixanse espir por olladas famentas
e o que pasa despois ten un prezo,
e todo calculado, ata outra cariño,
volve pronto, e que te fodan pailán.

Pola cativa luz do abrente
veñen os homes cansos de traballar
(cigarro fumegante nos beizos)
e veñen as loiras de tacón alto
(aferrándose a soidade do seu bolso)
mentres vai espertando a cidade
e volve a seu rebumbio de présas,
croisans, colexios, nenos, estoupidos.
Mentres os homes cansados dormen
e as loiras desmaquíllanse diante do espello,
nas rúas os coches quentes de paixón
adícanse o seu: pelexan
por cada metro cadrado do asfalto
coa terquedade que lles é propia
a eses monstros de aceiro sen piedade.
no seu soño de buxías e aparellos
tralas portas metálicas de anónimos garaxes.
Pola noite hai homes que traballan a reo
e loitan contra a fatiga e súan
e remoen pensamentos confusos, gastados,
mentres as mans, mecánicas, fan o seu labor.

E fermosas loiras de tacón alto
déixanse querer na barra dun nigth-club,
déixanse espir por olladas famentas
e o que pasa despois ten un prezo,
e todo calculado, ata outra cariño,
volve pronto, e que te fodan pailán.

Pola cativa luz do abrente
veñen os homes cansos de traballar
(cigarro fumegante nos beizos)
e veñen as loiras de tacón alto
(aferrándose a soidade do seu bolso)
mentres vai espertando a cidade
e volve a seu rebumbio de présas,
croisans, colexios, nenos, estoupidos.
Mentres os homes cansados dormen
e as loiras desmaquíllanse diante do espello,
nas rúas os coches quentes de paixón
adícanse o seu: pelexan
por cada metro cadrado do asfalto
coa terquedade que lles é propia
a eses monstros de aceiro sen piedade.

lunes, 12 de marzo de 2007
O MUNDO VAI BEN

Cárceres kafkianas en limbos xurídicos, persoas humilladas e denigradas, detidos sen ningunha acusación e sen ningún dereito. Digamos que estou a escribir de Guantánamo.
Demasiados rambos esnaquizándonos a vida a cotío; Aznar minimizando os seus erros en política internacional aínda que estes custaran decenas de miles de mortos (quizais porque nunca leu o verso “os fantasmas e o pasado no poden ir moi lonxe”); para o sangue vertido en Sarajevo ou en Srebrenica tampouco hai xustiza. A historia da infamia empéñase en repetirse.
Xenerais de ollada fría seguen buscando guerras onde ceibar exércitos ociosos, e Irán no punto de mira.
Os nenos morrendo de fame en medio mundo mentres Ferrari e Renault quentan motores en calquera circuíto.
Androides fora de control vixían as fronteiras do espacio interior dos nosos pesadelos.
Os anxos da garda están de baixa por depresión incapaces de aturar o fedor dos despachos oficiais, as manifestacións baseadas no engano e na manipulación (hai que ser moi miserable para pensar que todo vale con tal de regresar o poder), os refugallos da metralla, sobrecarga de odios , voos clandestinos, demasiadas democracias viaxo sospeita.
A globalización acósanos, as almas véndense nos cruces de camiños, a poesía dos andamios non pode coa especulación do tixolo e un centro comercial ofrece 200 productos a prezo de custe.
Si, si, o mundo vai ben pero antes de firmar fíxate na letra pequerrecha do contrato.
“Mira o teu redor e sentirás vergoña”, cantaba Neil Young . Eses versos nos setenta amosaban o desalento e a fatiga dun milenio que esmorecía. Escoitados agora teñen algo de proféticos.
miércoles, 7 de marzo de 2007
TES DÚBIDAS, LOGO QUIZAIS EXISTAS

Bate co puño nas paredes
bebe ron ata sentir vertixe,
lamenta que a moza te abandonara
entre os decibelios dunha noite de sábado.
Conta polos soportais a túa condena,
a teima de ir dando pasos en falso
e de perder sempre o póquer
e comproba como se paran os viandantes.
Camiña co xesto fendido polas rúas
e fíxate como enmudecen os farois.
Faite notar, pelexa, cuspe, maldice,
deixa que te firan, que te nomeen.
Aínda así non poderás dicir que estás vivo
e terás dúbidas o fita-la vista no espello.
jueves, 1 de marzo de 2007
HAICHE HOMES ASI

Suscribirse a:
Entradas (Atom)