miércoles, 7 de marzo de 2007

TES DÚBIDAS, LOGO QUIZAIS EXISTAS


Bate co puño nas paredes
bebe ron ata sentir vertixe,
lamenta que a moza te abandonara
entre os decibelios dunha noite de sábado.
Conta polos soportais a túa condena,
a teima de ir dando pasos en falso
e de perder sempre o póquer
e comproba como se paran os viandantes.
Camiña co xesto fendido polas rúas
e fíxate como enmudecen os farois.
Faite notar, pelexa, cuspe, maldice,
deixa que te firan, que te nomeen.
Aínda así non poderás dicir que estás vivo
e terás dúbidas o fita-la vista no espello.

9 comentarios:

RAFAEL dijo...

O que eu dicía, "beat" de todo, Ginsberg adoptaríate.
Saudiños, raposo.

XurxoCimadeVila dijo...

case me vexo a min en moitas noites... non, é mentira pois o certo e que me vexo. non raposinho, tes razon, nunca é tarde para unha boa poesia!

moucho branco dijo...

eu só dubido de que exista a primeira hora da mañan, logo xa se me pasa...

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Tes razón, eu dubido da miña existencia moitas veces, a ó levantarme despois dunha noite dura, inda máis.
Unha moi boa poesía.
saudiños.

náufrago dijo...

Pobre daquel que non dubide todo o tempo.

O Raposo dijo...

Rafael: non teño moi claro que Ginsberg quixera adoptarme, pero grazas.
E tedes razón: hai horas nas que mais que dúbidas hai caos e o alcohol algo terá que ver neso (falo de min).

Marinha de Allegue dijo...

A foto, levoume a miña colección de sombras...

Gustoume o post.
:)

Torreira dijo...

Mentras tomes ron ate sentir vertixe...teras o instinto de supervivencia conservado (o malo e tomar ate non sentir nada).Cóidese

O Raposo dijo...

Sombras, dúbidas, todo ten relación, Marinha.
Boa reflexión Torreira, tereino en conta.