Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
sábado, 12 de diciembre de 2009
MALDITO NADAL
A este raposo cada vez lle amolan mais as festas do Nadal.
Cansado de tanta hipocrisía cristián, de aparentar que somos mais bos que nas outras épocas do ano; cansado de tanto consumismo, tanta dilapidación e gastos superfluos; farto de que os concellos queimen os cartos que non teñen en luces de cores; farto de beléns, de panxoliñas, de “Feliz navidad” e “mira como beben los peces en el río”; saturado do gordinflón de Papa Noel, dos Reis Magos, de renos e camelos; ata os collóns do anuncio de Freixenet, das colas en Toys’R’us, da lotería, dos agasallos de garabatas e frascos de colonia, da película “Que bello es vivir”, do discurso do rei; ata os collóns de tanta trapallada vou pecharme na cova deica que pase a barafunda, quitemos as carautas e as cousas volvan o seu rego.
En calquera caso, como o cortés non quita o valente aproveito a ocasión para desexarvos felices festas. Vémonos para o ano que ven (se Deus quere e o Demo non si opón) cando remate todo este rebumbio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)