algún
día xa non teremos aliados
haberá
lanternas que nos busquen acotío
e
listas negras e pisadas metálicas
e
microchips que coñezan de memoria
os nosos
antecedentes penais
o grao
de alcohol que levamos nas veas
e os
libros non recomendables que temos lido
haberá
un día en que non sexamos
donos
do tempo
todo
estará baixo control
con
números de serie
e
barras de identificación
dúas e
dúas xa non poderán ser cinco
e
tentarán roubarnos o futuro
programándoo
nun ordenador
ese
día teremos que buscar a palabra
no mar
aberto onde os pendrives
se
enferruxen de marusía
onde
se amotinen os temoneiros
toleen
os compases e se derretan as fragatas
co contacto
da pel dunha serea
nese
día nunha illa
que
non figure nos mapas
algún
lugar quedará
onde
amar e entregarse
aínda
non sexa unha ciencia exacta
Do libro "Nas esquinas do frío"