domingo, 31 de julio de 2011

E AGORA, LISBOA

Na cidade dos sete outeiros haberá que visitar o Castelo de San Jorge, a Catedral, o Mosteiro dos Jerónimos e a Torre de Belem, as Praças dos Restauradores e Rossio, subir os tranvías e o elevador de Santa Justa, perderse polos barrios de Chiado, La Baixa e Alfama, probar os peixinhos da horta e as pataniscas de bacalhao, o viño de Oporto e os pasteis de Belem mentres de fondo se escoita a voz poética e nostálxica dun fado de Amalia Rodrigues. De recordo traerei un galo de Barcelos e o mellor antes da fronteira ata merco media ducia de toallas.

jueves, 21 de julio de 2011

DESTINO: LA PALMA

Nos vindeiros días non me busquedes no babel das rúas de Vigo nin polos montes de Sober. Estarei por aquí recorrendo Cumbre Vieja, o volcán de Teneguía, Caldera de Taburiente, o Barranco das Angustias, subindo a Roque de los Muchachos, perdéndome polos bosques de laurisilva, bebendo viño de malvasía e comendo papas arrugadas con mojo picón.

viernes, 8 de julio de 2011

SGAE: TOMA O DIÑEIRO E CORRE

O da SGAE víase vir. Que se pode esperar dunha sociedade que ten un directivo chamado Caco!

viernes, 1 de julio de 2011

Por fin é venres

O venres ten a pel húmida
de choiva e despedidas,
de olladas de treboada e loucura,
de remuíños de xeo con ron.
O venres ten un certo sabor a raia medianeira,
a fotografías mergulladas no esquecemento,
a palabras aboiando
entre neón, fume e xiringas.
Nas noites dos venres búscame
nas barras dos bares,
nas esquinas onde a cidade
é un brinco o baleiro,
nos ollos que espreitan
o retorno dos anxos,
nun estreito WC fora de servicio,
nos portais onde ule a femia
e a bicos de cinza e alcohol.
E beber o último grolo con calquera,
e ser un cómplice máis da troula nocturna,
e dicir amigo, cubata, alento,
orgullo, desexo, taberna, madrugada....
e esperar o amencer.