cando era mozo
por cobiza e afán
de aventura
decidiu venderlle
a súa alma ó Demo
anos despois desacougado
coa señardade
petándolle por
dentro
e aproveitando as
rebaixas do Nadal
mercoulle a súa
alma a Deus
agora empeza a
decatarse
de que neste tipo
de transaccións
el é o único
perdedor
Do libro "Nas esquinas do frío"