
Cando tiña 10 ou 11 anos ocorréuseme a ¿brillante? idea de escribir a historia de España en quintetos e quintillas. Dunha forma casqueira, eso si. Cheguei ata Felipe II, aí cansei. Foi unha boa época para deterse, o fin e o cabo daquela no imperio español non se poñía o sol.
Aquelas follas cheas de malos e infantís versos perdéronse todas; non sei onde foron parar, supoño que o lume da cociña de leña. Unha mágoa porque houbérame gustado lelas agora. Sería algo así como volver atrás no tempo, recuperar un anaco da miña infancia.
Ben esto a conto de que estes días que fun a aldea remexendo nunha caixa de libros vellos e tebeos topei cuns versos que escribín calculo que arredor dos 14 anos. Debe ser o poema mais antigo que conservo.
Os primeiros poetas os que me acheguei con verdadeiro interese foron Machado, Juan Ramón Jiménez e Miguel Hernández. A Machado xamais lle escribín nada; a Miguel Hernández dediqueille un poema na miña época de COU (quizais o poña aquí algún día).
A poesía de Juan Ramón Jiménez agora non me di gran cousa pero daquela si, sobre todo os seus primeiros libros como Rimas, Arias tristes ou Pastorales. Supoño que me gustaba o suficiente como para escribirlle este poemiña que foi o que atopei o outro día.
LLEGADA
"A la poesía de Juan Ramón Jímenez."
Abriste la puerta y entraste
sincera y sola en mi alma
como una niña asustada.
Te recibí con los brazos abiertos
porque te necesitaba.
Y te fui conociendo cada día,
unos versos, una mirada,
y te fuiste haciendo mía.
Ahora estás aquí
celosamente guardada
en el fondo de mi alma.