viernes, 30 de enero de 2009

MANIFESTO POLA SOLIDARIEDADE







"Nesta terra hai recursos dabondo para satisfacer as necesidades de todos, pero non tantos como para satisfacer a avaricia dalguns". GANDHI.






QUEN SOMOS: Os que subscribimos este manifesto somos cidadáns no pleno uso dos nosos dereitos civís, e titulares da soberanía popular, da que emanan os poderes do Estado. Os asinantes dirixímonos a todos os cidadáns do mundo, coñecedores da situación de atraso, fame e enfermidade na que se atopa gran parte da poboación humana nun momento histórico, como o actual, no que se dispoñen dos suficientes medios políticos, económicos e científicos que puidesen solucionar estes problemas. Este manifesto ten vocación de universalidade, e vai dirixido a toda a humanidade, por iso a versión orixinal en español será traducida a diversas linguas, pois o noso propósito consiste en facer ouvir a voz da opinión pública nos lugares nos que se toman as decisións políticas e económicas do mundo.


A QUEN NOS DIRIXIMOS: Dirixímonos á clase política gobernante dos nosos países, composta por aqueles que eliximos, libremente, nunhas eleccións democráticas; así como aos máis altos mandatarios das Organizacións Internacionais, como a O.N.U. e aos Presidentes e Gobernos dos países máis ricos da terra.



MANIFESTÁMOSLLES: 1.- Que este texto ten a súa orixe na constatación da extrema situación de necesidade e de fame que sofre unha gran parte da poboación da Terra e na desigual e inxusta repartición de bens que existe actualmente no mundo.
2.- Que consideramos que dita situación é intrinsecamente perversa e non admisible nin moral nin eticamente, dado que todos os seres humanos nacen libres e iguais. Igualmente, temos presente que todos os cidadáns do mundo teñen eses dereitos desde o mesmo instante do seu nacemento e non como unha promesa futura cuxa conquista dependa da realidade política, social ou económica dos seus países.
3.- Que defendemos que é completamente inxusto, inmoral e un crime humanitario punible ante os tribunais internacionais e a Historia que, en pleno Século XXI, existan seres humanos que pasen fame no mundo, e que morran por iso. Que é un agravante dese crime que, existindo as leis internacionais suficientes, así como os medios técnicos, económicos e científicos para corrixir a devandita situación, os que exercen o poder no mundo non leven a cabo as accións necesarias para solucionar o que xeracións futuras cualificarán de verdadeiro xenocidio no que serán culpables todos aqueles que, tendo os medios para solucionar o problema, non os empregaron.
4.- Que consideramos que esta inxusta situación é contraria ao dereito Natural, aos Dereitos humanos e ás normas da máis elemental ética, e entendemos que chegou o momento de que a voz da opinión pública esixa dos seus gobernantes o final de tal estado de cousas.
5.- Que o presente manifesto non é un manifesto utópico; e que tampouco é un manifesto político, nin se pretende co mesmo a instauración dunha nova orde política ou socio-económico mundial, nin ningún menoscabo do tecido empresarial, sanitario e social do mundo desenvolvido, senón a máis elemental xustiza cos desfavorecidos.



POR TODO ISO, ESIXIMOS aos nosos GOBERNANTES:
1.- A adopción de medidas inmediatas e urxentes para paliar tal situación de fame, enfermidade e desnutrición no terceiro mundo. Consideramos que tales medidas non constitúen unha utopía, senón que son perfectamente viables e posibles.
2.- Manter o compromiso de cumprir os Obxectivos do Milenio que, establecidos polas Nacións Unidas no ano 2000, definen os principios aos que ha de axustarse a actuación dos paises e do sistema económico internacional para superar, co horizonte fixado no 2015, as inxustizas que afectan a humanidade.

3.- A realización de accións solidarias sistemáticas cos países máis desfavorecidos e que se estableza unha orde lóxica e humana de prioridades na política económica, con proxectos intelixentes que creen riqueza e postos de traballo nos países pobres, facilitando un desenvolvemento sustentable e un progreso que lles axude, ademais, á consolidación dunha rede sanitaria, económica e social estable que faga imposible o retorno á situación de partida e favoreza a consolidación dun réxime político interno democratico.

4.- Que se tomen as medidas necesarias para que os países ricos destinen unha parte dos seus orzamentos á creación de riqueza e de empresas nos países máis desfavorecidos; así como a adopción dun acordo internacional, que debería subscribirse na ONU de obrigado cumprimento para os países desenvolvidos.
5.- A implantación dun código ético que regule a estratexia das empresas multinacionais, así como a eliminación dos paraísos fiscais e a aplicación da taxa Tobin ás transaccións comerciais internacionais, que permita crear un fondo de solidariedade xestionado polas Nacións Unidas.
6.- Non aceptaremos simples declaracións de principios que non se traduzan en políticas concretas. En definitiva, APELAMOS ao sentido da xenerosidade e da humanidade de todos, e fundamentalmente da clase política internacional.


Desde a terra que espera e cre firmemente na Solidariedade que constrúa un mundo mellor e máis xusto, a 30 de xaneiro de 2009.


............A iniciativa deste manifesto partiu do blog de Cornelius, que conste.

lunes, 26 de enero de 2009

DE BOIS E VACAS


Hoxe comeza o ano 4707 para os chinos. Segundo o seu calendario a cada ano correspóndelle un animal, neste caso é o BOI.
Eso será en China, aquí penso que é mais apropiado chamarlle a este 2009 ano das VACAS FRACAS.

lunes, 19 de enero de 2009

BUSH GO HOME (VAITE PRÁ CASA)


Mañá, día 20, George W. Bush remata o seu mandato, xa era hora.
Pasará a historia como o peor presidente dos Estados Unidos: chegou o poder nunhas eleccións fraudulentas e grazas os chanchullos dos votos da Florida; meteu o mundo en dúas guerras, na de Irak (inxusta, ilegal e absurda) baseándose en informes falsos e enganando os seus aliados; é un acérrimo defensor da pena de morte e demostrouno con creces cando foi gobernador de Texas; promoveu o uso de tortura e o terrorismo de estado; permitiu a creación desa aberración de prisión chamada Guantánamo (denunciada pola ONU por violación sistemática dos dereitos humanos) e dunha rede de cárceres secretas e centros de detención ilegais arredor do mundo; ten gran parte de culpa da crises económica que padecemos; non ratificou o Protocolo de Kioto porque non lle importa nada o cambio climático nin a degradación do planeta (neste caso poida que teña de asesor o primo de Rajoy); semella que o seu coeficiente intelectual está baixos mínimos e creo que tamén foi borrachín na súa xuventude.
Pois ben este é o individuo que foi presidente de EEUU durante 8 anos.

Ata nunca, señor Bush! Goodbye, cabronazo!!

..........................................Si queres podes despedirte aquí de Bush.

jueves, 8 de enero de 2009

PALESTINA... OUTRA VEZ


En abril do 2007 xa falei aquí de Palestina. Por desgracia o texto sigue tendo plena vixencia. ¿A que nivel de catástrofe temos que chegar para que medre algo de cordura e sentido común nesa zona? ¿Cantos mortos hai que poñer enriba da mesa para que Europa, EEUU e a comunidade internacional fagan algo?
Israel leva décadas incumprindo as resolucións da ONU sen que reciba desta mais que reproches mornos. ¿Ata cando esta permisividade que non se ten con outros países?
Fai 70 anos os nazis querían acabar cos xudeus. Agora estes queren rematar cos palestinos: van por bo camiño (xa os teñen en campos de concentración), se lles damos tempo conseguirano.
A historia da infamia empéñase en repetirse. ¿Ata cando o consentiremos?

lunes, 5 de enero de 2009

ZARROTAS


Fai uns días facendo sendeirismo por Cerdedo, preto dun regato que baixa do pobo de Carballas, atopei unha nova clase de zarrota que ben se podería chamar Lepiota granítica, pero admítense suxerencias.