Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante.
Pasa, non te quedes na porta.
lunes, 5 de enero de 2009
ZARROTAS
Fai uns días facendo sendeirismo por Cerdedo, preto dun regato que baixa do pobo de Carballas, atopei unha nova clase de zarrota que ben se podería chamar Lepiota granítica, pero admítense suxerencias.
Ai, ho, deixasme coa boca aberta ! Non sabería dicir se son de pedra ou de verdade. Pola época do ano en que estamos e polo aspecto granulado do sombreiro deduciría que son de pedra, pero pola forma perfecta do sombreiro e polo seu pé, xuraría que son de verdade. ¿Hasnos sacar de dúbidas algunha vez? ;-) Apertas
Donas e cabaleiros: pois si, son de pedra. Supoño que algún paisano mañoso e con tempo as fíxo, con pé e todo. E sorprende atopalas aí, o lado dun pequeno regato no medio dunha devesa calquera. Si se pasa con algo de presa nin se fixa un nelas. Apertas.
14 comentarios:
Ai, ho, deixasme coa boca aberta ! Non sabería dicir se son de pedra ou de verdade. Pola época do ano en que estamos e polo aspecto granulado do sombreiro deduciría que son de pedra, pero pola forma perfecta do sombreiro e polo seu pé, xuraría que son de verdade. ¿Hasnos sacar de dúbidas algunha vez? ;-)
Apertas
Ven poden ser "Cogordos", a tempada dos Cogomelos anda como o mundo... revolta!.
A plancha de ser Lepiota, pois non estaría mal.
Afionado :Trebi
Parecen unhas casiñas de pedra dun mundo diminuto, terías coidado de non pisar a nadie.
Si que che é curiosa, a ver se fago unhas de pedra no chollo, non quedarían mal.
Un saúdo.
Eu nin mú. So podo dicir como Cuspedepita: que son ben curiosas, eso si.
Saúdos
Son boinas ;D
Son de pedra, como o corazón de todos os que (tendo forza e responsabilidade a nivel mundial) non fan absolutamente nada por salvar ó pobo palestino.
Apertas!
Esas zarrotas ( uso ese nome porque miña nai é de Pantón ) ben poderían ter o nome vulgar de escachadentes.
E son velenosas ?.
e para saltea-las como se faz?
beijos
Diría que é a especie Lepiota vencomigopratixola.
O meu avó chamalles "paraugas de sapo", por certo a foto é preciosa.
Que ollo tes. Seguro que tiñan a clara intención de pasar desapercibidas co seu uniforme de camuflaxe.
Agora fágome chamar "Anonimo", que triste!
Pois por estas terras chamámoslles choupíns, pero estes sonche ben curiosos,
Bicos.
Donas e cabaleiros: pois si, son de pedra. Supoño que algún paisano mañoso e con tempo as fíxo, con pé e todo. E sorprende atopalas aí, o lado dun pequeno regato no medio dunha devesa calquera. Si se pasa con algo de presa nin se fixa un nelas.
Apertas.
Publicar un comentario