estamos na selva escoitando disparos
os tigres corren coma soldadiños de chumbo
as sombras van detrás dos ausentes
e os profetas murmuran consignas secretas
dende o fondo das murallas
algunha vez houbo un mañá
esperando por nós
foi antes de que os coitelos
violentasen a voz e o alento
antes de que as colas do Inem
se fixesen eternas
moito antes de que cortasen de raíz
os latexos deste pobo
e puxesen
un prezo en cada bágoa
é difícil vivir cos ollos pechados
Do libro "Nas esquinas do frío"