Billy O Neno (Kris Kristofferson), na película do ano
73 de Sam Peckimpah, dicía que “ a lei é unha cousa curiosa”. Non lle faltaba
razón.
En Madrid, dous titiriteiros que representaban unha
obra, aceptémolo, de dubidoso gusto e na
que saía un cartel no que se podía ler GORA ALKA ETA, foron metidos no cárcere
inmediatamente por enaltecemento do terrorismo.
En Barcelona, se cadra xa outro país, un profesor acusado de abusos sexuais a menores durante 30 anos foi
posto en liberdade provisional polo xuíz, a pesares de que o detido recoñeceu e
asumiu os feitos.
A min que alguén mo explique porque eu non o entendo.
Si Billy, no 2016 a lei segue sendo unha cousa ben
curiosa.