martes, 9 de febrero de 2016

Cousas da lei


Billy O Neno (Kris Kristofferson), na película do ano 73 de Sam Peckimpah, dicía que “ a lei é unha cousa curiosa”. Non lle faltaba razón.
En Madrid, dous titiriteiros que representaban unha obra, aceptémolo,  de dubidoso gusto e na que saía un cartel no que se podía ler GORA ALKA ETA, foron metidos no cárcere inmediatamente por enaltecemento do terrorismo.
En Barcelona, se cadra xa outro país, un profesor acusado de abusos sexuais a menores durante 30 anos foi posto en liberdade provisional polo xuíz, a pesares de que o detido recoñeceu e asumiu os feitos.
A min que alguén mo explique porque eu non o entendo.
Si Billy, no 2016 a lei segue sendo unha cousa ben curiosa.

4 comentarios:

d:D´ dijo...

Somos títeres en manos de facinerosos y poderosos intereses que en este titiritero país se mueve bajo dudosas enmiendas sólo para ellos.
Y lo peor de todo ello es que por comparación hay cosas bastante peores y a salvo en sus calientes hogares.
Con sus prejuicios e inexistencias han montado la Historia (de toda la humanidad), tanta que incluso algunas nunca ocurridas la has hecho verosímiles.
[La foto, muy bien elegida]
Salud y Libertad....

Concha L. F. dijo...

Por desgraza hai moitos máis exemplos que ratifican o que di Billy e iso sen entrar en temas relacionados coa corrupción política. A ambigüidade sempre foi unha eiva das nosas leis, unha porta aberta á interpretación arbitraria de quen ten que aplicalas, dito con todo respeto a quen traballa na xudicatura.

Zeltia dijo...

Menos mal que, grazas á presión social, foi entrando na cabeciña a realidade do asunto. Podedes baixar as mans, que isto non é ningún atraco.

barrincoia dijo...

Ás veces semella increíble a involución que fumos dando istes últimos anos en canto a liberdade de expresión, e pobre de min, pregúntome si estarei tendo un mal sono, un pesadelo do que non dou despertado.