Di a contraportada que Masculino singular de Carlos Negro "é un corte de sangue no medio do afeitado... Tamén é un diario íntimo que reclama tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos.
Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio."
Concordo.
Concordo.
3 comentarios:
Grazas pola recomendación. De Carlos Negro lin unha escolma de poemas. Uns textos que alguén que o admira me pasou. Quedei con gana de máis.
Zeltia: Carlos Negro ten outros dous libros moi recomendables: Far-west e Cultivos transxénicos.
Grazas. O que lin é de "Cultivos transxénicos"
Heime de facer con Masculino singular
Publicar un comentario