Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
martes, 31 de diciembre de 2019
martes, 24 de diciembre de 2019
Escuros presaxios
Dende
a fiestra admiras
o
encanto do arco da vella
e
pides desexos que non se han de cumprir.
Mentres
che esvara unha bágoa
escribes
verbas que ninguén lerá
sobre
os cristais embazados.
Segue
a chama
prisioneira
da túa illa
e o
silencio faise azul
na quietude
invernal dos estanques.
Hoxe
toca descubrir o segredo
que se
agocha nos oráculos
navegar
a barlovento
beber
a poción que nos fará máxicos
máis
alá de presaxios escuros
que
desafían a lei da gravidade.
Queda
un misterio furando no corpo
tatuaxes
que escintilan no medio da brétema
lagoas
nas que perderse a través dos séculos.
Demasiadas
incógnitas para esta visión
da que
só perduran borrosas imaxes.
Do poemario "A pel no asfalto", incluído no libro "Zocas e decibelios".
sábado, 14 de diciembre de 2019
Fóra da bruma
Non é
necesario andar ás présas
para alcanzar
o sendeiro que buscamos
tampouco
poden atoparse nas restrebas
as
cifras e as espiñas
que
deteñen ós ordenadores.
Todo
está escrito no péndulo dos anos
que
turran por nós mentres o vento
debuxa
nubes na tarde
e os
paxaros xogan
a
esconderse entre as árbores.
Quizais
non sexa tan dura a caída
si
sabemos que non é a viaxe o que importa.
É a
voz a que lle bota
un
pulso ás estrelas nómades
permítenos
nadar contracorrente
espantar
os meigallos
e
quedarnos fóra da bruma
canto
a liorta ameaza con estenderse
e o po
do camiño
non é
mais que unha escusa
para
seguir utilizando os atallos
que
nos levan outra vez ó punto de partida.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluido no libro "Zocas e decibelios"
A foto é de K. Janneth F.
viernes, 6 de diciembre de 2019
Nas esquinas do frío
"Nas esquinas do frío", Premio de Poesía Avelina Valladares, publicado por Edicións Fervenza, xa chegou ás librarías. Aí está, agardando pol@s lector@s.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)