Dende
a fiestra admiras
o
encanto do arco da vella
e
pides desexos que non se han de cumprir.
Mentres
che esvara unha bágoa
escribes
verbas que ninguén lerá
sobre
os cristais embazados.
Segue
a chama
prisioneira
da túa illa
e o
silencio faise azul
na quietude
invernal dos estanques.
Hoxe
toca descubrir o segredo
que se
agocha nos oráculos
navegar
a barlovento
beber
a poción que nos fará máxicos
máis
alá de presaxios escuros
que
desafían a lei da gravidade.
Queda
un misterio furando no corpo
tatuaxes
que escintilan no medio da brétema
lagoas
nas que perderse a través dos séculos.
Demasiadas
incógnitas para esta visión
da que
só perduran borrosas imaxes.
Do poemario "A pel no asfalto", incluído no libro "Zocas e decibelios".
1 comentario:
Pasáraseme este poema, e qué mágoa, porque disfruteino cada unhas das varias veces que o lin. Nada quero dicir para non estropealo. É un dos que máis me gustaron.
Bicos
Publicar un comentario