sábado, 14 de diciembre de 2019

Fóra da bruma



Non é necesario andar ás présas
para alcanzar o sendeiro que buscamos
tampouco poden atoparse nas restrebas
as cifras e as espiñas
que deteñen ós ordenadores.

Todo está escrito no péndulo dos anos
que turran por nós mentres o vento
debuxa nubes na tarde
e os paxaros xogan
a esconderse entre as árbores.

Quizais non sexa tan dura a caída
si sabemos que non é a viaxe o que importa.

É a voz a que lle bota
un pulso ás estrelas nómades
permítenos nadar contracorrente
espantar os meigallos
e quedarnos fóra da bruma
canto a liorta ameaza con estenderse
e o po do camiño
non é mais que unha escusa
para seguir utilizando os atallos
que nos levan outra vez ó punto de partida.

                         Do poemario "Cartografía da infancia", incluido no libro "Zocas e decibelios"
                        A foto é de K. Janneth F.

1 comentario:

Alís dijo...


Os atallos ás veces son trampas...

E non só non é preciso andar ás presas, senon que moitas veces incluso non é aconsellable.

Bicos

E bon Nadal, si é que o celebras