![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjt_u148aCXtkoWf9MQDNp_gXM8pchR-53o-eTS9rmukc7VWjnCa3vmN45skBqKjcY-LTat3aBx63P9x3BRqqb9n_D-raaP2KXm3BOoiLXhVPqeNYKtmppZAk8sJzTsV4U7oDhLA1jag48/s320/sabina+3.jpg)
Compracendo xentís peticións vou falar un pouco do concerto de Sabina en Vigo. Esto non é unha crítica (nin eu a sei facer, nin sería obxectivo) senón unhas pinceladas sobre a actuación. Para que vos fagades unha idea, vamos!
Pasaban uns minutos das 21:30 h. cando empezou a soar un enlatado "Blues del Alambique" e a voz rota de Sabina fixo enmudecer o pavillón mentres unha pertinaz néboa envolvía o escenario. Cando se disipou foron entrando os músicos e o final Joaquin, traxe azul marino e o clásico bombín.
Os primeiros temas foron do seu último traballo: "Tiramisú de limón", "Viudita de Clicquot", "Parte metereológico", para despois ir alternando temas novos coas cancións de sempre, que a peña entregada coreaba con ganas.
Escenario sobrio quizais buscando a intimidade e a complicidade co auditorio, o que de certo conseguiu. O fondo un panel cunha cidade que se intuía bohemia, musical e acolledora.
Estaba cómodo o de Úbeda e notábase, dedicou os consabidos guiños o público e uns versos a Vigo; incluso se permitiu bailar (cun estilo simpático-canalla) nalgunha das cancións.
Tiráronlle un sostén que soubo poñer con gracia encima do bombín, e no fondo, arriba de todo, moi preto de min uns rapaces despregaban de cando en vez unha pancarta na que se lía: “Joaquinito mira y saluda”. Vale, non foron moi orixinais pero o que conta é a intención.
Con el fomos a Praga "a fundar una ciudad / una noche a las diez de la mañana". Soubemos que "las canciones de amor que no quisiste / andan rodando ya por las aceras"; que “la verdad es solo un cabo suelto de la mentira”; e que “hay mariposas de arrabal / que nunca aprenden a volar, / vinagre y rosas a la hora de cenar”.
Non podían faltar, claro, os temas de sempre: “Medias negras”, “Calle Melancolía”, “Y nos dieron las diez”, “19 días y 500 noches”, así como Pancho Varona e García De Diego facendo os seus pinitos.
Foi xeneroso cos bises e deixou para o final dous temas cañeros e cómplices como “La del pirata cojo” e “Pastillas para no soñar”, cando xa a maxia fixera subir moito a temperatura e as mans e os pés non podían estar quietos.
Botei de menos a voz feminina e sensual de Olga Roman (non veu nesta xira), e que non incluíra no repertorio dous temas do seu novo álbum: “Menos dos alas” e “Violetas para Violeta”.
Pero non se pode pedir todo ¿verdade?
*As fotos que saquei co móvil quedaron mal así que pillei esta pola rede.