Libros que lin ultimamente:
- Habitar as fendas: Gisele Mato
- Carta de una desconocida: Stefan Zweig
- A ira dos mansos: Manuel Esteban
- Los buenos suicidas: Toni Hill
- Antología poética: César Vallejo
- O segredo das irmás Asorey: Marta Estévez
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
Libros que lin ultimamente:
- Habitar as fendas: Gisele Mato
- Carta de una desconocida: Stefan Zweig
- A ira dos mansos: Manuel Esteban
- Los buenos suicidas: Toni Hill
- Antología poética: César Vallejo
- O segredo das irmás Asorey: Marta Estévez
"Canto máis se fala de globalización, máis aumenta a belicosidade das trincheiras".
OUTLET, Antón Reixa
Segundo Carlos G. Reigosa escribe na súa
novela “Crime en Compostela”, Galiza é un país que se move nese territorio
indefinido entre o terceiro mundo e o quinto carallo.
Xa van bastantes anos disto pero a frase
segue a ter plena vixencia.
son
tempos escuros
ouvean
os lobos
á
sombra dos portais
o desleixo
é máis ca unha palabra
pesa
como podía pesar un aeroplano
aquí
están os edificios
nos
que malvivimos
chantados
sobre areas movedizas
baixo
un ceo intruso
soportando
fogo inimigo
e o
aire que podrece nos pulmóns
as
apertas non curan a soidade
e
apoiando a orella no peito
só
escoitamos
o
brutal silencio da desfeita
Saturno
segue devorando ós seus fillos
Do libro "Nas esquinas do frío"
descalzarse ó pé da
letra
desconfiar dos
cabos soltos
medir o peso da
neve
respirar coa man no
lume
esquivar as portas
de emerxencia
escoitar facendo
oídos xordos
esperar coma se os días
tivesen présa
descifrar unha
páxina en branco
calcular o
sufrimento dun asteroide
rescatar un boca a
boca
escribir discursos
para non quedarse
nos ósos
pescudar nos
efectos secundarios
exiliarse
pagar en efectivo
Do libro "Nas esquinas do frío"
nin mercenarios
asediando as torres
nin abelorios no
pescozo
esvarando a unha
órbita circular
onde as sombras se
fan líquidas
os trasgos mudan de
cor nos túneles
e o óxido deixa a
súa pegada
un arreguizo de
metal espantou ós Raios-C
e as portas de
Tannhäuser
fecháronse para
sempre
abandonando á súa
sorte ós replicantes
todos os recordos de Roy Batty
perdéronse entre o
ballón
é hora de calar
como artellar un poema
entre tanta desmemoria?
Do libro "Nas esquinas do frío", premio Avelina Valladares, 2019.
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me
sobrevivise
sabendo que
debería ter sabido
impedirme a min
mesmo
descubrir que só
fun un interludio
atroz entre dous
muros de silencio
só puiden evitar
vivindo á sombra
inocularlle para
sempre a quen amaba
doses letais de amor
que envelenaba
a súa alma cunha
dor eterna
substituíndo o
desexo polo exilio
iniciei a viaxe
sen retorno
deixándome levar
sen resistencia
ó fondo dunha
interna
aniquilación chea
de nostalxia.
Lois Pereiro: “Poesía
última da amor e enfermidade”
Nestes últimos días houbo varias persoas que me preguntaron onde podían mercar “Nas esquinas do frío”, un título moi axeitado para estas datas. Así que informo desde aquí de forma xeral.
aproveitar as horas
mudar de cidade
e esquecer o pasado
escribir un
epitafio
para cando
espertemos
barallar os naipes
coa habilidade dun
croupier
neste casino de
fábricas pechadas
borrar o rastro
coa perseveranza
dun ourive
camuflarse entre a
brétema
facer autostop
cando os taxis
están fóra de
servizo
afastarse da
primeira liña de fogo
e abandonar a
escena do crime
coas mans nos petos
da cazadora vaqueira
Do libro "Nas esquinas do frío"
EN PRIMERA PERSONA
Un cielo melancólico acompañó mi infancia
dios era una entelequia de misa y sacristía
con siete padrenuestros y alguna avemaría
me otorgaba perdones su divina jactancia
luego poquito a poco fue tomando distancia
y un día me hallé lejos de aquella eucaristía
vi tantas injusticias y tanta porquería
que dios ya no era dios sino una circunstancia
se agravó mi conciencia maravillosamente
y cada vez son menos las cosas en que creo
cuando interpelo a dios se va por la tangente
los milagros se venden de nuevo al menudeo
y así me fui cambiando de buen a mal creyente
de mal creyente a agnóstico y de agnóstico a ateo.
Do libro “La vida ese paréntesis”, de Mario Benedetti
hoxe
debería escribir sobre o frío
atopar
o ángulo exacto onde morren
por
conxelación as libélulas
despexar
a fórmula pola que a xeada
queima
os gromos dos recordos
e pon unha pista de patinaxe
nas lagas onde se lavaba a
roupa
antes da aparición das
lavadoras
cos seus programas de aclarado
centrifugado
antimanchas prancha
fácil delay timer
debería
escribir sobre o frío
ese
que se nota nas salas mortuorias dos tanatorios
na
mirada estrañada dos ciclopes
nos
espantallos entre o millo
nos
que piden ás portas dos supermercados
e que
xa hai tempo que se deron por vencidos
nos
traxes que se murchan nas maletas
dos
emigrantes retornados
cheas
de preguntas e de invernos
escribir
sobre o frío
para
espantar as bufandas a cadros
e os
calcetíns de la que zurcen as nais
escribir
coma un exorcismo
para
derreter a arquitectura do carambelo
que
non deixa alzar a voz
nos
días que pasan lentos e boca abaixo
o frío
o
espasmo das engurras
as
barcas que podrecen no fondo dos encoros
o
veleno da Torre de Babel
Clark Kent agardando nun quirófano
o graínzo sobre as almofadas
a memoria de perfil
desangrándose gota a gota polos costados
o frío
un meteorito estrelándose contra o corazón da terra prometida
Do libro "Nas esquinas do frío", premio Avelina Valladares 2019
