son
tempos escuros
ouvean
os lobos
á
sombra dos portais
o desleixo
é máis ca unha palabra
pesa
como podía pesar un aeroplano
aquí
están os edificios
nos
que malvivimos
chantados
sobre areas movedizas
baixo
un ceo intruso
soportando
fogo inimigo
e o
aire que podrece nos pulmóns
as
apertas non curan a soidade
e
apoiando a orella no peito
só
escoitamos
o
brutal silencio da desfeita
Saturno
segue devorando ós seus fillos
Do libro "Nas esquinas do frío"
No hay comentarios:
Publicar un comentario