martes, 30 de marzo de 2021

blade runner without memory

 


nin mercenarios asediando as torres

nin abelorios no pescozo

esvarando a unha órbita circular

onde as sombras se fan líquidas

 

os trasgos mudan de cor nos túneles

e o óxido deixa a súa pegada

 

un arreguizo de metal espantou ós Raios-C

e as portas de Tannhäuser

fecháronse para sempre

abandonando á súa sorte ós replicantes

 

todos os  recordos  de Roy Batty

perdéronse entre o ballón

 


é hora de calar

como artellar un poema entre tanta desmemoria?


Do libro "Nas esquinas do frío", premio Avelina Valladares, 2019.