sábado, 26 de abril de 2008

SEN MOTIVO APARENTE

Daquela soubo que a casa non estaba valeira. Podería dicirllo a seu pai que de seguro lle quitaría importancia buscándolle unha explicación racional, ou a súa nai pero con ela non se falaba dende semanas atrás; podería contarllo a irmá que se asustaría moito e iría correndo o seu cuarto a agocharse entre as sabas; tamén podía dicirllo o Lucas, o can, que loxicamente non entendería nada pero polo menos menearía o rabo e subiríalle polas pernas. Podía dicirllo a calquera deles. Por desgracia, todos estaban mortos. Entón calquera se atrevía a chegar ata o fondo escuro do corredor onde, por algunha razón que non sabía, tiña verdadeira necesidade de ir.

miércoles, 16 de abril de 2008

A FESTA DA TORTURA


Fai uns días Veca publicou no seu blog un post no que falaba e criticaba a tauromaquia, esa mal chamada festa nacional. A súa lectura fíxome reflexionar e investigar un pouco sobre o tema.
Eu son antitaurino. Cústame entender que a xente de ben disfrute e aplauda co sufrimento gratuíto e desmesurado dun animal o que se tortura ata a morte, e que non naceu para morrer na praza, como din algúns gilipollas, senón para correr e rebrincar ceibe polas fragas e devesas do noso país.
Vale que é unha tradición moi antiga que empezou na época dos romanos e seguiu o longo dos séculos. Pero as tradicións que son absurdas, crueis, salvaxes, inxustas e denigrantes, hai que erradicalas canto antes.
Veca dicía que debería de estar prohibido o toreo; eu estou dacordo. Pois ben, xa durante o mandato de Carlos III unha iniciativa para civilizar as costumes do pais desembocou na promulgación da Real Orden de 23 de marzo de 1778 na que se prohibía as corridas de touros en todo o reino, exceptuando aquelas destinadas a sufragar algún gasto de utilidade pública ou con fins benéficos.
Por aquel entón Gaspar Melchor de Jovellanos, unha das mentes mais preclaras da súa época escribiu na “Memoria para el arreglo de la policía de los espectáculos y diversiones públicas, y sobre su origen en España”,un texto que malia o tempo pasado segue a ter plena vixencia e polo tanto reproduzo aquí.

“La lucha de toros no ha sido jamás una diversión, ni cotidiana, ni muy frecuentada, ni de todos los pueblos de España, ni generalmente buscada y aplaudida. En muchas provincias no se conoció jamás; en otras se circunscribió a las capitales, y dondequiera que fueron celebrados lo fue solamente a largos periodos y concurriendo a verla el pueblo de las capitales y tal cual aldea circunvecina. Se puede, por tanto, calcular que de todo el pueblo de España, apenas la centésima parte habrá visto alguna vez este espectáculo. ¿Cómo, pues, se ha pretendido darle el título de diversión nacional?Pero si tal quiere llamarse porque se conoce entre nosotros desde muy antiguo, porque siempre se ha concurrido a ella y celebrado con grande aplauso, porque ya no se conserva en otro país alguno de la culta Europa, ¿quién podrá negar esta gloria a los españoles que la apetezcan? Sin embargo, creer que el arrojo y destreza de una docena de hombres, criados desde su niñez en este oficio, familiarizados con sus riesgos y que al cabo perecen o salen estropeados de él, se puede presentar a la misma Europa como un argumento de valor y bizarría española, es un absurdo. Y sostener que en la proscripción de estas fiestas, que por otra parte puede producir grandes bienes políticos, hay el riesgo de que la nación sufra alguna pérdida real, ni en el orden moral ni en el civil, es ciertamente una ilusión, un delirio de la preocupación. Es, pues, claro que el Gobierno ha prohibido justamente este espectáculo y que cuando acabe de perfeccionar tan saludable designio, aboliendo las excepciones que aún se toleran, será muy acreedor a la estimación y a los elogios de los buenos y sensatos patricios.”

Efectivamente, estas excepcións fóronse retirando e en 1790, a “Real Provisión de los señores del Consejo” non só prohibía as corridas senon tamén calquera celebración que tivera o touro como protagonista como por exemplo “el abuso de correr por las calles novillos y toros que llaman de cuerda, así de día como de noche”.
E en 1805, un real decreto de Carlos IV reiteraba a abolición das corridas de touros no só en España senón tamén nos territorios de ultramar.
A ver si toman nota estes politiquillos de tres o cuarto que nos malgobernan, por unha vez aprenden da historia para ben, e volven a prohibir este espectáculo cruel e vergoñento que non debería darse nos albores do século XXI.

Ata a mesma Igrexa (por unha vez vou falar ben dela) criticou estas prácticas e no ano 1567 o Papa Pío V na bula De Salutis Gregis Dominici pedía a abolición das corridas de touros nos reinos cristiáns, ameazando coa excomunión os que as apoiaban. En 1585, Sixto V fixo o mesmo. Xa antes, un concilio de Toledo en 1565 declarounas como “muy desagradables a Dios”. Sen remontarnos tan lonxe no tempo en 1920 o secretario do Estado Vaticano, cardenal Gasparri declarou que "la iglesia continúa condenando en alta voz, tal como lo hiciera el papa Pío V, estos sangrientos y vergonzosos espectáculos".

Por certo, andou e anda a rede alporizada polo caso dun tal Vargas Habacuc, suposto “artista” costarricense, que prendeu un can nunha exposición súa en Managua e, sen comida nin auga, deixouno alí ata que morreu de fame. E despois cualificou este feito como arte. E todos sentimos vergoña e noxo.
O toreo en España é un caso similar: a utilización abusiva dun animal o que se conduce á morte por medio do sufrimento. Xa que o proceso é o mesmo a reprobación debería ser idéntica.
Por certo tamén, que foi o propio PSOE o que xa na época da democracia terminou por legalizar e fomentar a barbarie taurina polo Real Decreto 176/1992, “ en atención a la tradición y vigencia cultural de la fiesta de los toros”. ¿Qué tradición?, ¿qué cultura?, ¿qué festa?
!Que ostias merecian! Os do PSOE, e en sentido coloquial, digo.

miércoles, 9 de abril de 2008

OS BARXAS


A finais de marzo votou o peche o Mesón-Restaurante “Os Barxas”, na rúa Colombia aquí en Vigo. Unha mágoa. Teño ceado nel algunhas veces e xantado moitísimas, de feito neste último ano e medio, de luns a venres, case a diario.
Ós que os horarios laborais nos complican a vida e ademais non gustamos da cociña nin de rebumbio de potas e tixolas, préstanos un sitio así onde comer tranquilo. Un sitio onde tes un trato familiar, mesa reservada, boa cociñeira, prato do día variado con calidade e racións abundantes, a profesionalidade e dilixencia de Jorge, a simpatía co sorriso sempre a flor de pel de Mayte, zona de fumadores e non fumadores, limpeza e ambiente agradable, atención rápida, e todo eso por só 7, 50 €. Tiña que haber unha lei que prohibira cerrar a sitios así.
Agora ando a procura doutro lugar por esa zona onde comer ben e sentirme cómodo. Algo atoparei pero xa nada será o mesmo.