Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
sábado, 26 de abril de 2008
SEN MOTIVO APARENTE
Daquela soubo que a casa non estaba valeira. Podería dicirllo a seu pai que de seguro lle quitaría importancia buscándolle unha explicación racional, ou a súa nai pero con ela non se falaba dende semanas atrás; podería contarllo a irmá que se asustaría moito e iría correndo o seu cuarto a agocharse entre as sabas; tamén podía dicirllo o Lucas, o can, que loxicamente non entendería nada pero polo menos menearía o rabo e subiríalle polas pernas. Podía dicirllo a calquera deles. Por desgracia, todos estaban mortos. Entón calquera se atrevía a chegar ata o fondo escuro do corredor onde, por algunha razón que non sabía, tiña verdadeira necesidade de ir.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
25 comentarios:
Inquedante...
Quizás no fondo escuro do corredor podería atopar a luz da verdade...
Ola, es o gañador de dous premios, pásate polo meu blog recollelos cando queiras. Unha aperta.
.... espero segunda parte .....
De todas formas, sen castelo, Monforte de Lemos, non sería Monforte ;)
To be continued............non???
Está intrigante isto...
Unha aperta.
:)
Qué bien le sienta este toque Hitchcock...estimado Raposo...
Mua
Tes un premio no meu blog. Pásate a ver cal é. Unha aperta.
e no fondo escuro escoitaría por vez primeira as suas voces e os seus ollos vendome durmir.
parabéns polo relato señor raposo.
Es unha caixiña de sorpresas este misterio é perfecto,redondo unha boa métafora do que supón enfrentarse aos medos que todos levamos agachados.
hummmm promete....
ás veces na escuridade atopamos o mellor aínda que nos acerquemos con medo e inquedanza
Veremos...
Levo a foto do touro.
Se houver inconveniente, agradeço ser informada, sim?
Unha aperta.
Non é doado chegar ata o fondo do corredor, pero sen embargo é necesario facelo.
Apertas.
Ou os matou a todos ou el é o morto, ou eu me invento cousas e todo isto non é mais que unha metáfora.
Un latexo, unha necesidade,non hai que renunciar, aínda que en ocasións non atopemos o que queiramos, hai que tentalo. Moito peor que non chegar é non tentalo.
Bicos
Vai ti primeiro...Medo
Acabo de pasar medo...
ah pois se todos pensades que é ficción...!, e que coma eu teño dous fantasmas na casa... un deles esta decote na escuridade do fondo do corredor, inda que prenda a lus está tamen eh, o que pasa e que me ignora -de momento-
Con música de fondo, anunciando misterio...eu tamén agardo continuación.
Inquedante, misterioso... no remate mesmo un chisquiño claustrofóbico. Moi bó. Eu voto por deixalo aí, sen continuación: o maxín de cada lector xa queda en marcha.
Sempre hai que ir ó fondo das cousas... aínda que nos pasemos a vida tentando evitalo... saúdos raposo...
Quizais acabaría atopando a luz, a ver se o continuas.
pois sera sen motivo aparente, pero como apareza o que eu me sei imos pegar un salto todos......
conseguiches en moi poucas liñas crear oscuridade e misterio....
apertas raposo
Publicar un comentario