miércoles, 29 de octubre de 2008

UN CARREIRO NA PEDRA

Tódolos camiños levan algures.
¿A onde levará este carreiro de pedra?
A foto foi tomada no monte Pindo, en Carnota.

viernes, 24 de octubre de 2008

LUIS ROSALES




Sempre gustei deste poema,
sobre todo por eses
dous últimos versos,
tan elocuentes,
tan verdadeiros,
tan meus.








AUTOBIOGRAFIA
Como el náufrago metódico que contase las olas
que le faltan para morir,
y las contase, y las volviese a contar, para evitar
errores, hasta la última,
hasta aquella que tiene la estatura de un niño
y le besa y le cubre la frente,
así he vivido yo con una vaga prudencia
de caballo de cartón en el baño,

sabiendo que jamás me he equivocado en nada,
sino en las cosas que yo más quería.

Luis Rosales (31/05/1910---24/10/1992)

martes, 21 de octubre de 2008

RAICES DO PASADO I: POLO MAR

MAR ADENTRO
Polo mar,
esa chaira de nostalxias,
chégame o teu recordo
como unha vaga do pasado,
roxo, carnal, case salvaxe.

Voga o sol cara o ocaso
para debuxar a noite
e a foliada de estrelas
e que unha dorna de lembranzas
te rescate do silencio
e do naufraxio das medusas
e sentir outra vez o olor do teu corpo
os regueiros de sal que escorregan da cintura
e ese reflexo de coral nas meixelas.

E o mar, o teu mar, o que me empurra
a escribir versos no tridente de Neptuno,
a viaxar no lombo dos delfíns,
a deixar unha incompleta carta de amor
na porta da cova dalgunha serea.

Polo mar, polo teu mar, volves marchar,
caladamente como chegaches,
a deriva nas burbullas das ondas
ata que perdo a túa imaxe,
o teu recendo, a túa voz,
e a miña memoria
mar adentro,
mar adentro.

jueves, 16 de octubre de 2008

SI EU FOSE RICO, MOI RICO


O amigo Carlos Sousa convídame a facer o meme do millonario excéntrico. Trátase de sinalar que cinco excentricidades (¿so cinco?) faría si tivese moreas e moreas de millóns de euros. Ben, alá vamos.
1- Construiría un globo aerostático para viaxar. Esta teima téñoa dende que lía os tebeos do Capitán Trueno. Este con axuda dun vello sabio fixo un e viaxou nel por todo o mundo na compaña de Goliath e Crispín. Case sempre tiñan problemas coa aterraxe pero eles ían tirando.
2- Recorrería de punta a punta a Gran Muralla China, e xa que teño o globo faríao dende o aire que é mais doado que recorrela a pé e un ten unha mellor perspectiva.
3- Na década dos 90 axudei a fundar un equipo de fútbol afeccionado, o
Deportivo Río Sil, que mal que ben aí segue na rexional lucense. Non o mercaría porque o equipo é de todos os que traballaron e traballan arreo para sacalo adiante, pero investiría nel os suficientes millóns para que tivese unhas instalacións caralludas e a plantilla deportiva suficiente para ir ascendendo de categoría ano tras ano ata xogar a liga de campións (os finolis chámanlle champions league, ou algo así).
4- Faría unha viaxe o espacio. Sei que me ía marear pero ten que ser a hostia ver a terra dende alá arriba.
5- Antes de que deixe de ser o inquilino de Casa Branca invitaría a Bush a unha festa para pegarlle unha patada (ou varias) nos collóns. Serían dadas cunha bota campeira con reforzo de aceiro na punta.
Sen dúbida esta última excentricidade sería coa que mais me divertiría. E como a ninguén lle amarga ser rico pásolle o encargo de seguir co xogo, por si lles presta, a
Busto.Agolada, Ekis 1331, Ninsesabe e Rifo. E a calquera outro que se sinta aludido. Total, hai cartos para todos.

jueves, 9 de octubre de 2008

WESTER I: OS PROFESIONAIS



No ano 1966 Richard Brooks dirixiu este wester fronteirizo sobre catro mercenarios que son contratados por un millonario texano (Ralp Bellamy) para rescatar a súa dona (a turbadoramente bela Claudia Cardinale) secuestrada polo rebelde mexicano Raza (Jack Palance).
Este é o argumento, coa revolución mexicana como telón de fondo, pero a peli é moito mais ca eso: reflexa tamén o desencanto e a amargura dos protagonistas os que os avatares da vida leváronos a loitar a ámbolos lados da fronteira, a lealdade como un ben necesario cando te moves no gume da navalla, o pracer da aventura, as cousas que case nunca son como parecen, o conflicto entre o idealismo dos heroes románticos e o realismo cotián, a case indiferencia ante a morte porque esta é inevitable.
Nos papeis estelares dous pesos pesados de Hollywood, Lee Marvin e Burt Lancaster, acompañados por Woody Strode e Robert Ryan, este último quizais do mais frouxo do film.
O ritmo é trepidante cun guión axeitado aínda que na derradeira parte a secuencia dos feitos faise menos crible, un bo pulso narrativo e adecuada fotografía que por momentos converte a paisaxe (árida, dura, violenta) nun personaxe mais.
Un wester salpicado de diálogos ferintes, acertados, brillantes, que invitan a reflexión. Déixovos dous exemplos:

Bill (Burt Lancaster):-
“Pode que so haxa unha revolución, desde sempre, a dos bos contra os malos. A pregunta é: ¿quen son os malos?

E no tiroteo final entre Bill e Raza teñen esta conversa:
Bill: -
“Nada é para sempre, excepto a morte. Pregúntalle a Fierro, a Francisco, a todos aqueles do cemiterio dos homes sen nome.”
Raza:
-“Todos eles morreron por un ideal.”
Bill: - “¿A revolución? Ah, cando o tiroteo remata entérranse ós mortos e os políticos entran en acción, e o resultado sempre é o mesmo: unha causa perdida.”

miércoles, 1 de octubre de 2008

PESADELO EN WALL STREET


Corren malos tempos para a economía, as corporacións bancarias esborrállanse como unha morea de pedras mal postas e Wall Street vai costa abaixo e sen freos.
Eso si, os que perden sempre son os mesmos. E sempre hai tiburóns que saen ben parados de tódalas crises: dimiten pero márchanse cos bolsos cheos de millóns de dólares; quebra a súa empresa pero eles conservan ou aumentan o patrimonio. Os propios erros non repercuten na súa fortuna senón no diñeiro dos demais.
Algo hai que non funciona como debera; fallan os mecanismos de control porque son poucos ou non existen. Todos o saben pero os que teñen poder para cambiar as regras do xogo non o fan porque directa ou indirectamente se benefician delas. O final deste barullo o que paga os pratos rotos sempre é o pobo, o sufrido pobo.
O poema que segue escribino hai xa bastantes anos (no século pasado). Deixalo aquí agora paréceme apropiado coa que está caendo. Hai cousas que nunca cambian.


PESADILLA EN WALL STREET
En Wall Street una palabra
o un gesto pueden ser dios
jugando a los atropellos,
vendiendo la esperanza de hombres
que solo les quedan ojos de tierra
y manos abiertas hiriendo su silencio.
Las fortunas dejan detrás
un precio de lágrimas y sinsabores;
los pedestales se forjan
sobre el mármol de muchas lápidas,
de tantas como para negar la primavera
o vestir de luto las cometas de los niños.
La sonrisa en Thailandia
está controlada por una cifra exacta.
La pólvora, la industria del acero,
el sudor de un indio quechua,
los candelabros ebrios de polvo,
las geografías olvidadas,
los sueños en el barrio judío de Toledo,
todo tiene un peso en la balanza
de los traficantes de acciones.
Desde un ordenador se controla el mundo.
Buitres de alquitrán lo saben
y afilan sus garras y aletean
furiosamente sobre las ruínas
por ellos mismos provocadas,
magnates del terror sin escrúpulos,
para controlar un palmo mas de despojos.
Toda la agresividad,
toda la avaricia,
todas las armas empuñadas,
para a la noche
recostarse en su sillón favorito
(whisky escocés, puro Cohiba)
y pensar como seguir
jodiendo al mundo
al día siguiente.