miércoles, 29 de octubre de 2008

UN CARREIRO NA PEDRA

Tódolos camiños levan algures.
¿A onde levará este carreiro de pedra?
A foto foi tomada no monte Pindo, en Carnota.

21 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Quizáis estea comunicado co outro Pindo, o grego.

Saúdos.

Antón.

Mer dijo...

tódolos camiños levaban a Roma, non si? pois xa sabemos onde vai este camiño na pedra

fermoso lugar o monte pindo,

bicos

LM dijo...

e nom o segues? mira que se há uma moura com um cesto de moedas de ouro aló atrás...
beijos

Chousa da Alcandra dijo...

Homeeee, pois ten razón LM, que deberías seguir o camiño e contárnolo despois.

(Mesmo semella a marca dunha arteria por debaixo da pel da rocha)

Carlos Sousa dijo...

É como si estiveran a facer unhas rozas na pedra para poñer unhas tuberías.
O millor sería que o seguiras como dín por ahí.

E pensando ben ¿non poderá ser un carril bici de montaña? non son 200 mts. pero algo é algo, jeje

ekis1331 dijo...

Qué curioso.
A primeira vista o carreiro levoume ó meu maxín.

Manuel L. Rodrigues dijo...

pois non sei o que acharías ti alá arriba. Eu pola miña parte, unha chea de pintadas e moito lixo (e volvo a poñerme rabudo)

Doutora Seymour dijo...

Depende de a onde se queira chegar, quizais.

From Hell dijo...

polos montes da miña cercana carnota, hai unha morea de petroglifos...
saúde

HADEX dijo...

Nas costas de Brasil atópanse rochas cos mesmos trazos.....¿restos de Pangea?

rui dijo...

Creo que é unha autoestrada de formigas nun domingo pola mañá, dahí a auséncia de veículos. E a onde ha levar senón a unha peaxe?

Anónimo dijo...

a unha encrucillada, a onde se non, se só temos unha alternativa non temos dúbidas

Bicos

Suso Lista dijo...

Curiosa veta de cuarzo. Saludos

Ex Traño dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ex Traño dijo...

Todo isto non e casualidade, no momento oroxenico primordial aconsellaron aos materiais ordearse polo seu peso molecular pra non sentirse soos na noite escura....

Non sabian eles que isa escuridade ia consistir na petrificación polo contacto co frio universo exterior y de paso amosarnos unha foto fixa da situación fai millons de anos humans, que non chegan a ser nin tan siquera unha era xeoloxica...


y respostando a tua pregunta raposo o camiño leva claramente hacia abaixo...

apertas

Veca dijo...

A Roma???

vakastolas dijo...

Eu coma ekis, os carreiros do monte Pindo sempre conducen o meu maxín. O lugar máis fermoso e máxico que coñezo, un chisquiño do meu corazón, todo moi irracional.

noa dijo...

a ver se leva a un tesouro de mouros... (vaia, xa o dixo lm ;b)

Cuspedepita dijo...

Según como o mires, ao ceo ou ao inferno...
Anque nada ten que ver a min lembroume as marcas das rodas dos carros nas penas dos camiños.

busto.agolada dijo...

É un detalle ben curioso ese camiñiño entre valadiños sobre a rocha de granito. Eu creo que leva ao Olimpo galego, así lle chaman ao Pindo.
Saúdos.

albagal dijo...

Que fermosura temos na Galiza!

Bonita entrada.

Unha aperta.