martes, 21 de octubre de 2008

RAICES DO PASADO I: POLO MAR

MAR ADENTRO
Polo mar,
esa chaira de nostalxias,
chégame o teu recordo
como unha vaga do pasado,
roxo, carnal, case salvaxe.

Voga o sol cara o ocaso
para debuxar a noite
e a foliada de estrelas
e que unha dorna de lembranzas
te rescate do silencio
e do naufraxio das medusas
e sentir outra vez o olor do teu corpo
os regueiros de sal que escorregan da cintura
e ese reflexo de coral nas meixelas.

E o mar, o teu mar, o que me empurra
a escribir versos no tridente de Neptuno,
a viaxar no lombo dos delfíns,
a deixar unha incompleta carta de amor
na porta da cova dalgunha serea.

Polo mar, polo teu mar, volves marchar,
caladamente como chegaches,
a deriva nas burbullas das ondas
ata que perdo a túa imaxe,
o teu recendo, a túa voz,
e a miña memoria
mar adentro,
mar adentro.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Un home namorado xeme como un louco na ausenza da sua amada:
-Leyla, Leyla...E cando ao fin se presenta ela, di él: Vaite,vaite de ahí.
Non me quites o pracer do meu sofremento.

Sempre teño presente este texto cando penso na ausenza de algo.
O importante para ti tamén é sentir sempre, non importa que sexa a ausenza de algo ou de alguén.
Curiosamente o amor parece que ata perde luces nos momentos máis doces... É como se lle fose a marcha, jeje.

FraVernero dijo...

Vaia, vaia... se temos o espectro de Manoel Antonio de Asados percorrendo os cauces sinuosos do blogomillo...

Interesante recalada. Temos que montar agora un navy bar virtual no que atrapar o ir/vir desas ondas (tamén virtuais) e co mesmo insidioso e hipnótico ruído de fondo...

Moncho Pais dijo...

Ergo unha xerra de Gundivós na túa honra dende Os mares de Irlanda!

Un apreixo forte, meu!

LM dijo...

esteticamente sugerente senhor raposo...
beijos salgados

Suso Lista dijo...

Moi bonito, Don Raposo. Poste así co Outono?

rui dijo...

Qué doado é identificarse con este poema, serémosche todos iguais? vouche dicir que até me tería gustado escribilo eu, se soubera, claro.

albagal dijo...

Que lindo! Parabéns.

O mar e amar están relacionados, xa o digho eu, que son da costa!

Beixos

HADEX dijo...

Fermoso poema, como fermoso é o obxecto do mesmo...o infinito azul que vai e ven...

Unknown dijo...

A dor máis terrible é sempre a da perda.

Acredito.

Beijos

Cuspedepita dijo...

"E que unha dorna de lembranzas
te rescate do silencio
e do naufraxio das medusas"
Sempre queda esa dorniña navegando a pasar de todas as tormentas, e de todos os naufraxios mar adentro :-)
Ese mar que nos xunta e nos separa.

Moi fermoso, engaiola :-)

Bicos

Torreira dijo...

Fagámonos cunha gamela pra adentrarnos nese mar compañeiro.Apertas

fgul dijo...

Fermoso poema. Un saúdo desde o regreso.

Anónimo dijo...

O mar é como unha especie de Deus que tan axiña nos dá como nos quita. Fermoso...

Chousa da Alcandra dijo...

Gústame a musicalidade, a cadencia dese mar que imprime movemento ás palabras que configuran os versos. Penso coma Suso; ponte así o outono ou andiveches remexendo no bagazo do mencía novo?

Raposo dijo...

Débeche ser cousa do mencía, Chousa, que este ano ven saboroso.
Apertas a todos/as.

Sun Iou Miou dijo...

Por que será que o desamor xera tan fermosos escritos? Se non existise, se fose tudo querer e que nos quixesen, ía a literatura para o carallo. Ás veces soño/desexo que vaia a literatura para a puta que a pariu. Desculpa as palabras podres, pero deixáchesme así mesmo, renegando.

A Conxurada dijo...

Encantoume, moi fermoso e moi triste, intentarei esquecelo pronto, pois eu hoxe non quero recordar.

vermella dijo...

como di un cantaautor que a vostede e a mín nós gusta " porque el amor cuando no muere marta,amores que matan,nunca mueren".............

Anónimo dijo...

( Xullo 2009 )

¡Tamén para vos:

"Non vos acomplexedes, meus espidos pes, polos carreiros de palla secos; ¡ceibes sodes entón.

E, cando ti ves de chegar, eu xa marchei; e cando eu te percuro, ti xa non estás.

¡Atópame ti meu amor; que levo xa os sete mares e os sete cumios na túa procura.

¡Atópame ti meu amor, nas augas máis fondas; nin no Arat nin no Nebó nin no Medulio.

Fálame baixiño na orella e pronuncia o meu nome, para que eu me saiba"

( Se che amola que resposte "o meu xeito", fíltrame ou bórrame, mais: non me berres "disonante" )

Tralécxe