
Ó Papa debeulle prestar a visita a España porque arestora está moi activo. Nunha reunión con 150 cardeais trataron o tema da pederastia no clero (supoño que tamén falarían de como erradicala), e agora admite que o uso do condón pode estar xustificado nalgúns casos.
Vale que trate de mellorar a imaxe da igrexa pero conviña deixalo todo ben clariño, non vaia ser que os pederastas eclesiásticos supoñan que poden seguir abusando dos rapaces a condición de usar preservativos.
De tódolos xeitos por algo se empeza. O seguinte paso debería ser poñer máquinas expendedoras de “chuvasqueiros para o pito” en tódalas igrexas. Estarían a carón da pila de auga bendita. A medida sería un éxito: todo deus sabe o ben que presta un canivete despois da misa das doce.