Mostrando entradas con la etiqueta Política e outras malas herbas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Política e outras malas herbas. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de junio de 2018

Uxío Novoneyra: A agonía do mundo rural




"A agonía do mundo rural aínda segue sendo a ferida máis quente de Galicia. A ferida máis grande. E ninguén fala diso. É o silencio máis doroso. Estamos deixando perder unha memoria".

"A xente aceptou a agonía do rural. E o goberno aceptou a agonía do rural dicindo que é irreversible. Acéptana cunha tranquilidade pavorosa, sen saber que se vai o sentido fundamental do noso pobo. Eí estaba a reserva última da nosa lingua".

Uxío Novoneyra, 1998

domingo, 24 de septiembre de 2017

Urna


Camiñando por Cotobade atopei esta urna supoño que para o referendo do día 1 e o banco será para sentarse e reflexionar.

martes, 13 de septiembre de 2016

Políticos e cueiros

Como andamos en época de eleccións (ben, levamos así todo o ano) non está de máis lembrar aquí una frase de Bernard Shaw, ese lúcido escritor irlandés.


martes, 9 de febrero de 2016

Cousas da lei


Billy O Neno (Kris Kristofferson), na película do ano 73 de Sam Peckimpah, dicía que “ a lei é unha cousa curiosa”. Non lle faltaba razón.
En Madrid, dous titiriteiros que representaban unha obra, aceptémolo,  de dubidoso gusto e na que saía un cartel no que se podía ler GORA ALKA ETA, foron metidos no cárcere inmediatamente por enaltecemento do terrorismo.
En Barcelona, se cadra xa outro país, un profesor acusado de abusos sexuais a menores durante 30 anos foi posto en liberdade provisional polo xuíz, a pesares de que o detido recoñeceu e asumiu os feitos.
A min que alguén mo explique porque eu non o entendo.
Si Billy, no 2016 a lei segue sendo unha cousa ben curiosa.

sábado, 5 de diciembre de 2015

Rajoy en estado puro



Os descifradores de códigos secretos agradecen calquera axuda que se lles poida prestar para tratar de descubrir que carallo quixo dicir Rajoy con esta frase: “Es el vecino el que elige al alcalde y es el alcalde el que quiere que sean los vecinos el alcalde.”
O tema corre présa porque este individuo seica se presenta a presidente de España. Cousa cando menos preocupante.

lunes, 21 de septiembre de 2015

Non hai mal que por ben non veña


O destino de Osama Abdul Mohsen era saltar fronteiras, esquivar gardas fronteirizas, recorrer km e km por estradas que quizais levan a ningures: un ser anónimo, un refuxiado máis nesta deshumanizada Europa.
Pero no seu camiño cruzouse Petra Lazslo, unha periodista húngara, unha reporteira intrépida que gusta de estar sempre o  pé da noticia.
E todo cambiou. A imaxe de  Osama caendo co seu fillo en brazos atravesou os continentes, ocupou periódicos e telediarios, incendiou as redes sociais. Agora Osama está en España, foi recibido cos brazos abertos, é un heroe. Florentino Pérez, ese ser superior, dedicoulle o seu mellor sorriso. O fillo, Zaid, saltou ó Bernabeu da man do  seu ídolo, Cristiano Ronaldo,  algo que so está o alcance dos elixidos.
Osama vai traballar de adestrador de fútbol, terá un soldo xusto. Si sabe xogar ben as súas cartas cansarase de facer entrevistas, publicará un libro e mesmo pode ser un dos concursantes na próxima edición de Superviventes.
E todo por unha cambadela: un acto noxento e miserable pero que resultou ser do máis beneficioso. Agora si que entendo a frase esa de que “Deus escribe dereito con liñas tortas”.
Pero, quen é Petra Lazslo e porqué actuou así? Teño para min unha hipótese.
Polas súas veas corre sangue zíngara, esa antiga estirpe que ó longo dos séculos e das migracións foi quen de adquirir unha conciencia profunda do universo, de descifrar os arcanos do tempo e o espazo, e mesmo de predicir o futuro con so botar unha ollada.
Petra Lazslo, herdeira de tal ancestral sabedoría, viu a Osama correndo cara ela co seu fillo en brazos e nunha máxica décima de segundo soubo todo o que podía facer por eles con so estirar a man, quero dicir con so estirar a  perna esquerda. Así que deulle a orde correspondente a súa extremidade inferior.
E fíxoo coa xenerosidade que caracteriza as grandes persoas: sabendo que despois sería incomprendida, insultada, difamada,  ameazada, despedida do seu traballo, sinalada por todos co dedo da ignominia, mesmo creo que a queren meter no talego.
Pero a Petra non lle importa toda esa incomprensión. Ela sabe que obrou correctamente. Ela sabe (e eu tamén) que fixo o xusto e o necesario para que un home bo e o seu fillo puideran ter un futuro mellor.

Alá é grande, e os camiños do Señor son inescrutables. Amén.

jueves, 7 de febrero de 2013

CARTEIRO HONORARIO

Noticia de última hora:
Correos vai nombrar a Luis Bárcenas Carteiro Honorario, porque seica é o que máis sobres reparte.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

MENTIROSO COMPULSIVO


Cada vez que vexo a Rajoy lémbrome de Jim Carrey en “Mentiroso compulsivo”, un tipo que se pasaba a película facendo carantoñas grotescas e mentía máis ca falaba.
Rajoy, o mentirán, estase especializando en facer o contrario do que di que vai facer, con toda a caradura  do mundo.
Dixo que non ía subir o IRPF e foi o primeiro que fixo en canto chegou o poder.
Dixo que non ía subir o IVA, pois subiuno, e de carallo.
Asegurou que non habería rescate a Banca e xa vedes.
Negou que fora aplicar o copago sanitario. Agora miña nai está pagando o mes 7,54  € polas medicinas que ten que tomar.
Prometeu que non habería recortes en Sanidade, Educación e Dependencia, e entrou neses departamentos a saco parecendo talmente Eduardo Manostijeras.
Dixo que non recortaría as prestacións por desemprego e vaia si as recortou.
Prometeu que revalorizaría as pensións conforme o IPC, pois vai ser que tampouco.
Canta doses de paciencia ten que ter pobo español para aguantar a este desvergonzado no poder?

lunes, 22 de octubre de 2012

O DÍA DESPOIS


Algúns apuntes sobre as eleccións:
-- En calquera outra comunidade o partido no poder sería duramente castigado pola crises e os recortes, pero Galicia é un “sitio distinto” como ben sabe Antón Reixa. Inmune ou indiferente o que pasa ó redor, o galego móvese polos seus propios parámetros. Por eso aquí  non se castigou o PP senón que se lle outorgou aínda máis confianza.
-- Foi esta unha campaña de candidatos máis que de partidos. Ganou Feijoo,  non o PP; Pachi Vázquez e Jorquera son líderes grises e así lles foi; a Xoán Bascuas non o coñece ninguén, e a Mario Conde coñéceno demasiado, pero no seu caso é un lastre; Beiras segue con seu carisma intacto (ganou el, non AGE) e a saber  onde podería ter chegado si a campaña dura unha semana máis.
 -- A imaxe que transmitiron as principais opcións políticas reflectiuse despois nas urnas : o PP, solidez e seguridade; o PSOE, inestabilidade; o BNG, confusión.

E unha anécdota:
Onte pola noite estaba un servidor tomando unha cervexa no “Bar Mario”, en Monforte. Nesto que entra un paisano e pregúntalle o dono : ¿Qué, quen ganou? Este díxolle: “Ganaron todos menos nós”. Coido que é a mellor frase que escoitei en todo  o proceso electoral.

domingo, 15 de abril de 2012

DISPAROS (REAIS)

Anda estes días o meu corazón republicano inquedo e preocupado polos disparos dos Borbóns, cuxas armas quizais carga o demo.

miércoles, 11 de abril de 2012

NO GAIÁS



"Cautelosamente al principio, con indiferencia después, con desesperación al fin, erré por escaleras y pavimentos del inextricable palacio.
“Este palacio es fábrica de los dioses”, pensé primeramente. Exploré los inhabitados recintos y corregí: “Los dioses que lo edificaron han muerto”. Noté sus peculiaridades y dije: “Los dioses que lo edificaron estaban locos”. A esta impresión se agregaron otras: la de lo interminable, la de lo atroz, la de complejamente insensato.
En el palacio que imperfectamente exploré, la arquitectura carecía de fin. Abundaban el corredor sin salida, la alta ventana inalcanzable, la aparatosa puerta que daba a una celda o a un pozo, las increíbles escaleras inversas, con lo peldaños y la balaustrada hacia abajo."
Estas verbas pertencen o relato El inmortal, de Jorge Luís Borges. Lembreino porque este sábado pasei polo Gaiás e sentín algo parecido: unha sensación de incomodidade, un disparate incoherente, un animal prehistórico profanando a montaña, o inútil, o despilfarro elevado a enésima potencia.





Apenas había xente. Demasiado espacio e pouco contido, a biblioteca sen lectores , os andeis ocos, salas deshabitadas. Millóns e millóns enterrados sen sentido. Mágoa de diñeiro malgastado coa cantidade de patrimonio que temos mal coidado ou abandonado a súa sorte.



Gustoume, eso si, atopar xuntos a Fraga e o Che Guevara. Polo menos que esta barbaridade arquitectónica sirva para a reconciliación de dous personaxes antagónicos, aínda que sexa post morten, en formato libro e nunha biblioteca medio baleira.

martes, 3 de abril de 2012

FUSIÓNS

Está o Feijóo empeñado na fusión dos concellos e razón non lle falta. Non parece lóxico que Galicia teña máis que Portugal, poño por caso, e que moitos deles non cheguen os 2000 habitantes. Rebaixar o seu número redundaría nun aforro do gasto público e dos postos políticos (co perigosos que son eses elementos) e posibilitaría unha mellor organización e xestión do territorio.
Oza e Cesuras deron o primeiro paso. Coido que os seguintes que se tiñan que fusionar (por razóns obvias) son os concellos ourensáns de MELON e SANDIAS, e tendo en conta a excesiva querencia que temos polo inglés o seu novo nome podería ser THE FRUIT COMPANY.
Admítense, non obstante, outras suxerencias.

miércoles, 15 de febrero de 2012

VENDETTA





O longo dos anos Garzón labrouse un bo número de inimizades. Eu pensaba (inxenuo de min) que eses inimigos eran os corruptos, traficantes, mafiosos, terroristas e delincuentes en xeral que o xuíz con tanto empeño perseguiu. Pero parece que tamén os ten dentro do sistema xudicial, na súa propia casa, e xa se sabe que non hai peor cuña ca da propia madeira.
So así se pode explicar esta campaña de denuncias, de acoso e derrubo, que deixa unha sensación de conspiración, de axuste de contas, para quitar do medio a un xuíz que para certos sectores resulta demasiado incómodo.
Como senón se pode explicar que por esa inmensa trama de corrupción que é o Gurtel o primeiro condenado sexa o xuíz que a investiga?
Como senón se pode explicar que polos crimes do franquismo se acuse a quen busca os corpos da vítimas?
Parece como si o veredicto estivera decidido de antemán: había que darlle un escarmento e si polo dos Tribunal Supremo fora Garzón sería declarado culpable do cambio climático, da transmisión da gripe A e da morte de Manolete.

Algo cheira a podre na xustiza, algo vai moi mal. E agora veñen os membros do goberno, a portavoz Soraya Saenz de Santamaría, a portavoz do Consello Xeral de Poder Xudicial, e dinnos que hai que respectar a sentenza.
Pois non, hai que acatala porque non nos queda outra, pero non hai porqué respectar o que se considera inxusto. Eu a considero inxusta, moi inxusta e, xa que logo, non a respecto, nin a sentenza nin os compoñentes do Tribunal Supremo que a dictaron. Estes individuos danme noxo e sinto por eles un total desprezo e os maldigo. E van ter sorte porque son un bruxo moi torpe e as miñas maldicións rara vez teñen efecto. Senón íano pagar caro.
Que ninguén pense que lles desexo a morte, non, para nada. Pero si de min dependera expulsaríaos do Tribunal Supremo porque non son dignos dese posto, poñeríaos a limpar retretes que coido que é un traballo máis acorde coa súa conciencia, e padecerían para sempre dunhas almorrás superdoorosas.

jueves, 2 de febrero de 2012

VAI SER COUSA DE PRIMOS

Eu cada vez o teño máis claro: nin José Luis Rajoy nin Mariano Zapatero, o único que pode meter en cintura á prima de Risco é o primo de Zumosol.

lunes, 16 de enero de 2012

FRAGA

Morreu o vello fascista,
non serei eu quen o sinta.

martes, 15 de noviembre de 2011

DE NÓS DEPENDE

Cando faltan só uns días para as eleccións xerais quero mostrar aquí unha viñeta de “El Roto” que invita a reflexión.
Reflexionemos, pois.

lunes, 7 de noviembre de 2011

MEXADA POPULAR

Naceu nun país afeito a que mexen por un e ter que dicir que chove. Pero este can é espabilado e debeu pensar “antes mexo eu por eles”.
E aquí o tedes, ouriñando con chulería non exenta de gracia e donaire.
Para que logo digan que os carteis políticos non fan servicio!

viernes, 8 de julio de 2011

SGAE: TOMA O DIÑEIRO E CORRE

O da SGAE víase vir. Que se pode esperar dunha sociedade que ten un directivo chamado Caco!

martes, 24 de mayo de 2011

SLOGAN

Centos de promesas, miles de mitins, millóns de carteis, descualificacións mutuas, corruptos nas listas, carrexo de votantes, sondaxes a pé de urna, sorrisos e desencanto, vencedores e vencidos. De todo o tsunami electoral quédome cun slogan do Movemento 15-M.

viernes, 18 de febrero de 2011

ZAPATERO VERSUS RAJOY (MATEMATICAMENTE FALANDO)

Non se pode dicir que leven vidas paralelas pero si que se moven en círculos viciosos, teñen intereses ortogonais e desempeñan cargos homólogos nos seus partidos.
Actúan con distintos parámetros, un insiste en que dous e dous son catro, e mesmo poden ser cinco a pouco que o intentemos, e o outro desde un ángulo obtuso contesta con retranca “multiplícate por cero”, nunha pelexa dialéctica sen solución de continuidade.
Intuímos que será difícil que Zapatero poida resolver a cuadratura do círculo pero ¿quen se vai fiar de Rajoy, un tipo tan acostumado a saírse pola tanxente?