lunes, 22 de octubre de 2012

O DÍA DESPOIS


Algúns apuntes sobre as eleccións:
-- En calquera outra comunidade o partido no poder sería duramente castigado pola crises e os recortes, pero Galicia é un “sitio distinto” como ben sabe Antón Reixa. Inmune ou indiferente o que pasa ó redor, o galego móvese polos seus propios parámetros. Por eso aquí  non se castigou o PP senón que se lle outorgou aínda máis confianza.
-- Foi esta unha campaña de candidatos máis que de partidos. Ganou Feijoo,  non o PP; Pachi Vázquez e Jorquera son líderes grises e así lles foi; a Xoán Bascuas non o coñece ninguén, e a Mario Conde coñéceno demasiado, pero no seu caso é un lastre; Beiras segue con seu carisma intacto (ganou el, non AGE) e a saber  onde podería ter chegado si a campaña dura unha semana máis.
 -- A imaxe que transmitiron as principais opcións políticas reflectiuse despois nas urnas : o PP, solidez e seguridade; o PSOE, inestabilidade; o BNG, confusión.

E unha anécdota:
Onte pola noite estaba un servidor tomando unha cervexa no “Bar Mario”, en Monforte. Nesto que entra un paisano e pregúntalle o dono : ¿Qué, quen ganou? Este díxolle: “Ganaron todos menos nós”. Coido que é a mellor frase que escoitei en todo  o proceso electoral.

5 comentarios:

zeltia dijo...

moi acertado o taberneiro!
foi un dia triste para ser tan soleado. agora quédanos un longo inverno.

Gaearon dijo...

Longa noite de PPedra, certamente.
Eu xa mo fun cheirando cando tocou o reconto na miña mesa eleitoral. Pola noite estando no local do BNG do meu pobo, afogando penas entre cervexas e empanada, cheguei á conclusión de que hai que darlle unha pensada a moitas cousas. Alguén cometeu algún erro. Ou cometémolo todos.
Espero que nos 4 anos que temos por diante demos coa fórmula para que non teñamos que ver cómo sube unha maioría xa absoluta acadando cen mil votos menos.

fonsilleda dijo...

A frase e a imaxe do basureiro que puseches, o mellor.
Bicos.

paideleo dijo...

É verdade:gañe quen gañe nós temos que apandar co traballo de manternos e mantelos

noa dijo...

Ao PP votáronlle 100.000 personas menos. A culpa de que gañase o PP non é dos galegos (polo menos non toda). É dos políticos que non saben movilizar á xente para que vaia votar. Só Beiras, á vista está.

Como vostede ben di, se chega a durar unha semana máis a campaña, igual chega a convencer a algún máis dos que quedou na casa... e quen sabe qué pasaría.

Isto entre outras moitas cousas, como o caciquismo e a ignorancia, que son males que rozan a tradición...