lunes, 1 de octubre de 2012

MÁIS DURO SERÁ O REGRESO


Despois de escoitar como a hipnótica voz do muecín chama a oración; despois de contemplar abraiado os mosaicos e os frescos bizantinos de San Salvador de Chora; despois de intentar regatear sen moito éxito nas tendas do Gran bazar; despois de sobrevoar en globo a paisaxe lunar e as chemineas máxicas da Capadocia; despois de subir o castelo de Uchisar e sentir a emoción nas igrexas rupestres de Góreme; despois de disfrutar da posta de sol desde a Torre Gálata; despois de pasear por Sultanahmet atrapado polo colorido e o instinto comercial dunha cidade sempre en movemento; despois de percorrer o Bósforo e ver o lonxe a Torre de Leandro e a Fortaleza de Europa; despois de camiñar descalzo pola Mezquita Azul, probar os döner kebab e tomar o té no patio de Çorlulu Alí Pasa; despois de deixar Turquía agora toca enfrontarse a dura realidade, máis rutineira, máis laboral, máis gris.

10 comentarios:

Dilaida dijo...

Pois agora quédache lembrar o ben que o pasaches e iso volve cando ti queiras, só tes que pensar nelo.

Dilaida dijo...

Perdón, ese "nelo" é unha metedura de zoca, quería por "nisó".

Dilaida dijo...

Pero sin acento gráfico. Estou un pouca espesa.
Bicos

Cuspedepita dijo...

Benvido de volta á realidade. É o prezo que hai que pagar pola felicidade das vacacións. Á volta sempre é duro "aterrizar" co corpo no traballo e a cachola aínda nos lugares que visitache.
Vexo que foron unhas vacacións xeniais ¡Que envexa!

Unha aperta

fonsilleda dijo...

Deixo envexa, so miña envexa.
Tamén biquiños de encontro.

Paz Zeltia dijo...

Soa tan ben... como mostra a foto.
Supoño q, como todos, nalgun momento da túa vida, te preguntarías... e que pasaría se...

Somosauga dijo...

Ánimo! Iso de gris soa moito á famosa depre "postvacacional", o cal é totalmente normal despois de semellante viaxe (que envexa!). Igual saír ao campo e deixarse levar polas múltiples tonalidades do noso outono lle da un pouquiño de cor a esa rutina morriñenta.

Javier Adán dijo...

Gracias popr tu coment. lo agrego a comentarios de viajero III. Veo que andas cerca . Yo trabajo en pontevedra y vivo en ferrol. Un sld.

mariola dijo...

Seguramente eu tamén quedaría abraiada por tanta fermosura.
Orar, contemplar os frescos bizantinos, sobrevoar esa paisaxe lunar, camiñar descalzo por esa mezquita azul, tomar o té que tanto che me gusta...ay!!! qué marabilla!
Bueno, agora quedan os recordos que cando ti queiras só tes que pensar neles e ahí seguirán para volver a voar no tempo...
bicos.

paideleo dijo...

Para iso están as vacacións: para desconectar.