Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
sábado, 4 de abril de 2020
Luis Eduardo Aute
Foise Luis Eduardo Aute: un dos mellores cantautores do país; unha persoa que nunca cambiou de chaqueta; un referente ético e moral.
"Que terriblemente absurdo
es estar vivo
sin el alma de tu cuerpo,
sin tu latido".
https://www.youtube.com/watch?v=btoYpsohJR0
martes, 29 de agosto de 2017
A balada triste do labrador (en Sober)
Vou rozar
e pícome cos toxos.
Subo a parra
e deixo todo a cotón,
a cotón, a cotón.
Ai Casiano, ai Casiano,
que mal che empeza este ano!
jueves, 1 de junio de 2017
O Rock da arrinca do esterco
Vou ir poñendo aquí as letras dunhas cancións da miña autoría que forman parte do Cancioneiro Labrego de Sober e que o grupo musical Os Parentes teñen a ben cantar nas súas actuacións.
viernes, 31 de julio de 2015
IX Encontro á luz da Lúa
Logo, no entorno do miradoiro e santuario desenvolveranse as actuacións e intervencións das persoas participantes a partir das 11:15 aproximadamente.
sábado, 25 de julio de 2015
Soneto de Sabina a Krahe
jueves, 23 de julio de 2015
¿Donde se habrá metido este Javier?
martes, 28 de abril de 2015
martes, 29 de octubre de 2013
LOU REED
Amou e cantou a New York como ninguén o fixera antes. Camiñou sobre o gume da navalla e reflectiu nas súas cancións o lado escuro da cidade. Coqueteou coas drogas e o alcohol máis do que debera. Abriu camiños imprescindibles na música. Un referente dos últimos 40 anos do rock, pero tamén do punk. Lou Reed, o cantante salvaxe do rock acaba de morrer con 71 anos. Cando empecei a ler as súas cancións souben que tamén era poeta.
viernes, 17 de mayo de 2013
miércoles, 22 de febrero de 2012
WYOMING (Y LOS INSOLVENTES)
Aparte de presentar na Sexta “El Intermedio” (un dos programas máis recomendables de toda a oferta televisiva), O Gran Wyoming é médico, actor, escritor, músico, guionista.Irreverente, lúcido, cachondo, caústico, showman, este madrileño tamén ten un grupo de rock chamado Wyoming y los Insolventes. Este venres, 24 de febreiro, actúan en “El Ensanche”, Vigo. Si vos pilla cerca e tedes tempo ide a velos. Vale a pena!
viernes, 8 de julio de 2011
martes, 26 de abril de 2011
JAVIER KRAHE EN VIGO
Ten un certo aire a profeta desencantado. Nunca foi un superventas, nin encheu estadios de fútbol. O seu son os locais pequenos e un público fiel que o segue ano tras ano.E un cantautor de minorías que gusta das rimas e as súas cancións din moito máis do que parecen a simple vista. Curioso, escéptico, burlón, fumador empedernido, irónico, irreverente, sagaz, Javier Krahe actúa este xoves 28 en Vigo. Haberá que velo porque....
viernes, 17 de diciembre de 2010
"SUAVE ES LA NOCHE"

Impresionaron no 81 cando foron teloneiros de Los Ramones, 30 anos despois seguen pisando forte nos escenarios do bo rock and roll.
Entre medias tiveron tempo para deixarnos 11 albumes de estudio, varios discos en directo, letras amargas e duras, son enérxico e guitarreiro, concertos nos que a banda dá o mellor de si.
Este sábado 18 de decembro a mellor banda galega de rock toca en Vigo, na sala Priveé. Aí estarei porque “No puedo dejar el rock”.
martes, 21 de septiembre de 2010
LABORDETA

Jose Antonio Labordeta: socarrón, escéptico, republicano, pacifista, home de ben comprometido co pobo e as súas xentes.
Jose Antonio Labordeta: escritor, articulista, poeta, cantautor, político honrado.
Ensinou historia nos institutos; publicou un bo feixe de libros de poesía; para dar a coñecer mellor os seus versos arredor dos 70 empezou coa carreira musical e algunhas das súas cancións foron himnos de liberdade; metido en política elixírono deputado o Congreso pola Chunta Aragonesista en dúas lexislaturas e tivo o detalle de bo gusto de mandar “a la mierda” os do PP, esa caterva de alborotadores que o insultaban mentres dispoñía da súa quenda na tribuna de oradores. Foi un berro de rebeldía, claro e conciso, para poñer a certos señores no sitio que mellor lles corresponde.
O vin dúas veces en concerto, teño cintas e vinilos seus que aínda escoito de cando en vez, seguín a serie televisiva “Un país en la mochila”, e cando retransmitían pola 2 os debates do Congreso dos Deputados esperaba ó final para oír, durante os poucos minutos que lle deixaban, como a súa voz poñía algo de sentido común e dignidade entre tanta palabrería e dialéctica oca.
Lembro agora uns versos que lle dedicou Sabina nun disco que Labordeta gravou en directo en 1991 “Tu, yo y los demás” :
“Tres cosas tiene Aragón
que no cambian de chaqueta:
Buñuel, Francisco de Goya
y la voz de Labordeta”.
Sirvan agora estas liñas, apresuradamente escritas, como homenaxe póstuma a traxectoria vital dun home que admiro e respecto, e que deixa unha pegada de decencia e honradez na que moitos deberían aprender.
domingo, 11 de julio de 2010
OUTRA NOITE DE ROCK

Mentres outros soñan coa victoria de España ante Holanda, proban antídotos contra as altas temperaturas, gastan as horas en terrazas rutinarias con xenebra de garrafón, discuten cos veciños, buscan os ángulos mortos das credenciais caducadas, fan zapping por programas tan planos como a pantalla do televisor e acaban mercando na teletenda unha terapia a prazos contra a desolación, eu invisto en rock na compaña de C.
Soaron os acordes de Amenaza desastre e un lóstrego fixo estremecer os corazóns. O rock estaba aí, no campo de fútbol de San Cosme, sobrio, delgado, melenudo, visceral, auténtico, por riba do tempo e das modas, inmune os vaivéns das discográficas, aguantando o tipo, tolo por incordiar, incombustible como ese Leño do que formou parte.
No escenario xente de confianza: Rafa J. Vegas ó baixo, e Mariano Montero á batería.
Nas dúas horas de actuación tivo tempo para presentar cancións de seu novo traballo (Amaina tempestad; Tu que, yo que; A veces cuesta llegar al estribillo) e repasar éxitos anteriores (El asa del cubo; Flojos de pantalón; Deja que les diga que no...). Non podían faltar temas como Agradecido ou Pan de higo, e por suposto guiños a Leño con El tren (que nunca lla oíra tocar en concerto) e Maneras de vivir.
Foise con Navegando (a muerte), falando de náufragos na barra dalgún bar. Soubo a pouco o concerto e votei en falta que non se interrelacionara mais co público, pero a pegada do madrileño fixo que outra noite de rock fora inesquecible.
Rosendo, pa sempre.
*Banda sonora: Flojos de pantalón.
jueves, 8 de julio de 2010
miércoles, 12 de mayo de 2010
ESE MOZO TRISTE E SOLITARIO

Con tan só 19 anos escribiu La chica de ayer, unha das cancións mais emblemáticas do pop nacional. Despois virían outras: Una décima de segundo, Luz de cruce, El sitio de mi recreo, Se dejaba llevar,...
Antonio Vega: intimista, nostálxico, confuso, tormentoso, poeta.
Viviu nunha época de excesos onde só importaba o presente, a raia que separa o ben do mal era demasiado tenue como para decatarse de que lado se estaba. Compoñendo foi un anxo e pisou a moqueta do éxito pero os demos cotiáns levárono o inferno escuro das drogas.Coñeceu o reverso tenebroso da vida e entre o caos e a poesía camiñou perdido por labirintos indescifrables pisando de madrugada sendeiros que parecían sen saída.
Prematuramente avellentado aínda así había luz no seu rostro enfraquecido. Unha estraña aura emanaba da súa figura.
Antonio Vega deixounos o 12 de maio do ano pasado e quixo a casualidade (ou causalidade) que a súa derradeira gravación fora unha canción de Leño para un álbum de tributo-homenaxe a este grupo que tamén foi do mellor do rock urbano deste pais.
Os xenios sempre acaban por xuntarse.
domingo, 25 de abril de 2010
CRAVOS REVOLUCIONARIOS

Houbo un día en que un raio de esperanza rachou o vello “Estado Novo” do dictador Salazar.
Tal día como hoxe, no 74, Portugal esperta dun pesadelo e toma conciencia de si mesmo. Unha canción foi o sinal para que a historia cambiara de rumbo, a revolución se fixera romántica, e rúas e prazas se enchouparan de feitizo. E abril foi un mes de esquerdas e brindouse con fado e vinho verde.
Nunca antes un pobo bailou tan a gusto cos militares sublevados.
Xamais a poesía foi tan amiga dos uniformes.
Xamais os caraveis confraternizaron tanto cos fusiles.
Ben está lembralo.
...
viernes, 27 de noviembre de 2009
"FUE EN UN PUEBLO CON MAR"

Compracendo xentís peticións vou falar un pouco do concerto de Sabina en Vigo. Esto non é unha crítica (nin eu a sei facer, nin sería obxectivo) senón unhas pinceladas sobre a actuación. Para que vos fagades unha idea, vamos!
Pasaban uns minutos das 21:30 h. cando empezou a soar un enlatado "Blues del Alambique" e a voz rota de Sabina fixo enmudecer o pavillón mentres unha pertinaz néboa envolvía o escenario. Cando se disipou foron entrando os músicos e o final Joaquin, traxe azul marino e o clásico bombín.
Os primeiros temas foron do seu último traballo: "Tiramisú de limón", "Viudita de Clicquot", "Parte metereológico", para despois ir alternando temas novos coas cancións de sempre, que a peña entregada coreaba con ganas.
Escenario sobrio quizais buscando a intimidade e a complicidade co auditorio, o que de certo conseguiu. O fondo un panel cunha cidade que se intuía bohemia, musical e acolledora.
Estaba cómodo o de Úbeda e notábase, dedicou os consabidos guiños o público e uns versos a Vigo; incluso se permitiu bailar (cun estilo simpático-canalla) nalgunha das cancións.
Tiráronlle un sostén que soubo poñer con gracia encima do bombín, e no fondo, arriba de todo, moi preto de min uns rapaces despregaban de cando en vez unha pancarta na que se lía: “Joaquinito mira y saluda”. Vale, non foron moi orixinais pero o que conta é a intención.
Con el fomos a Praga "a fundar una ciudad / una noche a las diez de la mañana". Soubemos que "las canciones de amor que no quisiste / andan rodando ya por las aceras"; que “la verdad es solo un cabo suelto de la mentira”; e que “hay mariposas de arrabal / que nunca aprenden a volar, / vinagre y rosas a la hora de cenar”.
Non podían faltar, claro, os temas de sempre: “Medias negras”, “Calle Melancolía”, “Y nos dieron las diez”, “19 días y 500 noches”, así como Pancho Varona e García De Diego facendo os seus pinitos.
Foi xeneroso cos bises e deixou para o final dous temas cañeros e cómplices como “La del pirata cojo” e “Pastillas para no soñar”, cando xa a maxia fixera subir moito a temperatura e as mans e os pés non podían estar quietos.
Botei de menos a voz feminina e sensual de Olga Roman (non veu nesta xira), e que non incluíra no repertorio dous temas do seu novo álbum: “Menos dos alas” e “Violetas para Violeta”.
Pero non se pode pedir todo ¿verdade?
*As fotos que saquei co móvil quedaron mal así que pillei esta pola rede.
martes, 24 de noviembre de 2009
ESTA NOITE, SABINA

Esta noite hai abordaxe de piratas;
esta noite non traballa a policía;
esta noite tomaremos os cubatas
na barra do bar de Calle Melancolía.
Esta noite blues, rumba, rock, bicos con sal,
vinagre e rosas, tiramisú de limón,
e Pancho Varona animando ó persoal
a pisar o acelerador do corazón.
Esta noite derrubamos as fronteiras;
esta noite as guitarras vencen ó fusil;
esta noite de novembro e de bandeiras
indultamos ó ladrón do mes de abril.
Esta noite non escapan os fuxitivos;
esta noite liberdade, sexo, loucura;
esta noite si que sobran os motivos
para facernos adictos a tenrura.
Esta noite ninguén se lembra da rutina;
esta noite tódalas mozas son princesas;
esta noite os versos dun tal Sabina
serán cancións no Pavillón das Travesas.








