martes, 21 de septiembre de 2010

LABORDETA


Jose Antonio Labordeta: socarrón, escéptico, republicano, pacifista, home de ben comprometido co pobo e as súas xentes.
Jose Antonio Labordeta: escritor, articulista, poeta, cantautor, político honrado.
Ensinou historia nos institutos; publicou un bo feixe de libros de poesía; para dar a coñecer mellor os seus versos arredor dos 70 empezou coa carreira musical e algunhas das súas cancións foron himnos de liberdade; metido en política elixírono deputado o Congreso pola Chunta Aragonesista en dúas lexislaturas e tivo o detalle de bo gusto de mandar “a la mierda” os do PP, esa caterva de alborotadores que o insultaban mentres dispoñía da súa quenda na tribuna de oradores. Foi un berro de rebeldía, claro e conciso, para poñer a certos señores no sitio que mellor lles corresponde.
O vin dúas veces en concerto, teño cintas e vinilos seus que aínda escoito de cando en vez, seguín a serie televisiva “Un país en la mochila”, e cando retransmitían pola 2 os debates do Congreso dos Deputados esperaba ó final para oír, durante os poucos minutos que lle deixaban, como a súa voz poñía algo de sentido común e dignidade entre tanta palabrería e dialéctica oca.
Lembro agora uns versos que lle dedicou Sabina nun disco que Labordeta gravou en directo en 1991 “Tu, yo y los demás” :
“Tres cosas tiene Aragón
que no cambian de chaqueta:
Buñuel, Francisco de Goya
y la voz de Labordeta”.
Sirvan agora estas liñas, apresuradamente escritas, como homenaxe póstuma a traxectoria vital dun home que admiro e respecto, e que deixa unha pegada de decencia e honradez na que moitos deberían aprender.

13 comentarios:

A nena do paraugas dijo...

Sobre Labordeta o único que podo que dicir é que me parecía unha excelente persoa. O demais xa se foi apuntando por aquí e por alá.

Mágoa do seu pasamento. Non quedan políticos coma el.

Saúdos

Chousa da Alcandra dijo...

Seguro que esas pegadas de decencia e honradez que él deixou servirán para que haxa quen aprenda.
(Son un puto ignorante, joder; entereime da súa faceta de cantautor agora que morreu!).

A Conxurada dijo...

Moito sentín a morte deste home.

Alís dijo...

Lembro sendo nena ó Labordeta cantautor e o que percorría o país coa mochila... máis tarde, ó Labordeta no Congreso, que seguramente será o que o faga máis especial: ser un político honrado. Non debe ser doado tendo en conta o difícil que é atopalos, pero el demostrou que se pode.
Unha pena a súa partida

Bicos

fonsilleda dijo...

Era boa xente. Xente honrada. E non tiña pelos na lingua.
Bicos

Paz Zeltia dijo...

Rios de tinta.

Sempre se fai incomprensible que os grandes homes desaparezan, coma os outros.

É un constatar que non hai escapatoria.

-Se Labordeta morreu, qué será de nós- dicimos.

Bolboreteira dijo...

Unha grande pérdida.Un home único e dende logo irrepetible.
Saudos raposiño.

in_side dijo...

assim... de magnífico




*

BRABIDO dijo...

Case que sempre se dice do que deixa este mundo que era unha boa persoa,en este caso non podo opinar xa que pouco sei del,agas o que din na prensa.

D.E.P

O dia 11 de octubre esta o Sabina en lugo,San Froilan.

X dijo...

Ten un premio na Selva, saúdos.
http://selvadeesmelle.blogspot.com/2010/09/o-sr.html

Anónimo dijo...

Que aprendan os que o saiban apreciar, e o resto que sigan cos discursiños e os negocios.
Ás veces parece que só con ser honrado xa está ún por enriba desa "peña" de homes-que-berran. Ou berrean, non sei moi ben.
Quedan as lembramzas e non é pouco. E as cancións, ai carallo !!

Sun Iou Miou dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Sun Iou Miou dijo...

Eu tamén lle fixen unha pequena homenaxe, pequena, digo, para o grande que era el.

http://opoemaquehojepartilhariacomvoces.blogspot.com/2010/09/ultimo-poema.html