lunes, 13 de septiembre de 2010

UNHA DE MEMES

Por xentileza de Xenevra véxome involucrado unha vez mais nesta trasnada dos memes. Non gusto moito deles pero, como ben di ela, non leva moito tempo facelo e tampouco é cuestión de rexeitarlle o convite. Así que...
Canto tempo levas como blogueiro?
Creo lembrar que desde novembro do 2006, xa choveu, aínda que non son moi prolífico e tomo o meu tempo entre post e post.
Como coñeciches a existencia dos blogues?
Exactamente non o sei, supoño que cando un está de baixa e ten todo o día libre acaba descubrindo que hai xente para todo, mesmo para estas caralladas.
Cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia?
Diariamente non, pero todos os que teño enlazados como “cómplices habituais” sígoos habitualmente.
Es lector anónimo dalgún blogue?
Aínda que moitas veces non comento, si entro habitualmente nalgún blogue sempre remato por presentarme.
Algúns autores que che acorden especial simpatía.
Hai moitos, pero vou citar 3 que están moi preguiceiros ultimamente (a ver si se animan): Suso Lista, Doutora Seymour e Vermella.
Con que cinco blogueiros irías de esmorga?
Seguramente coa maioría deles, pero para tomar uns cantos cubatas penso que Chousa, Carlos Sousa e Brabido son uns bos pés.
Con que blogger pasarías unha noite de loucura sexual?
Esta pregunta non é pertinente, despois lee esto a Raposiña e qué.

Namorácheste algunha vez dalgún bloguer?
Non, pero fixestes ben preguntar porque podía habelo feito.
Estás satisfeito co teu blogue?
O día que non o estea bótolle o pecho a cova.
Espallar este meme entre 3 e 5 blogues.
E agora a quen meto eu nestas lerias??!! Serán 3 para molestar o menos posible e espero que non estean xa nomeados. A ver, a ver, pito, pito, gorgorito: Bolboreteira, Maribel-bel e Manuel L. Rodrigues. Noraboa a tódolos premiados, he, he!!! Pois eso, si ledes esto e vos apetece seguir o meme vale, e si non tamén.

10 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

jajaja
gustoume o da raposiña
os/as bloggers ao chegar a esa pregunta (sobre todo se están casados -ou coma se o estivesen-) teñen duas reaccións:
- a de dicir algunha broma e botar a pelota fora
- a de ser directos coma tí e dicir que o blog llo le a parella é a ver que vai ser isto.

:)

Bueno, a quen lles pasaches o meme has ter que ir buscalos ca corda!

fonsilleda dijo...

Xa vexo que tamén te tocou.
Bicos

Alís dijo...

Sigo a coñecervos un pouco máis coas respostas que dades a este meme, pero é certo que non vos mollades moito. Aínda que para pasar un bo ratiño están ben.

Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Comigo podes contar para os cubatas. Penso que habíamos facer catro pés bós!
Saúdos á raposiña

Bolboreteira dijo...

Vaia! Pensei que libraba desta pero vai ser que non.
Nada recollo o relevo logo..
Bicos raposiño

Maribel-bel dijo...

Misión encomendada, misión cumplida. Unha aperta(tamén para raposiña).

xenevra dijo...

Serviu para pintar uns sorrisos e descubrir que es un preguiceiro que gustas dos cubatas ;)
Grazas por seguir o convite!!
Biquechos

Raposo dijo...

Zeltia: hai preguntas/respostas coas que hai que ter coidado porque senon da bronca non te libra ninguén!!!

Fonsilleda: tocou, tocou.

Alis: tampouco non vamos espir de todo que pode parecer impúdico. Eu, por exemplo, sen a pelica non son nada, he, he!!

Chousa: xa sabía eu que non tocante o alcohol ti non me ibas fallar!!

Bolboreteira, Maribel-bel: grazas por aceptar o convite.

Xenevra: nada muller, a túa disposición.

Apertas e bicos para todos/as según corresponda.

A nena do paraugas dijo...

Xa vexo que tamén te pillaron. En fin, que como se di por aquí, para pasar un rato, non está mal.

Saúdos

Eva G. Rei dijo...

Tés un agasallo no meu blog
http://aeiradebalixe.blogspot.com/2010/09/o-agasallo.html