jueves, 4 de junio de 2015

Tempos de friaxe

Son malos tempos,
dixo a velliña,
mentres as súas mans,
miúdas e engurradas,
apreixaban con forza
a cartilla do Banco Pastor.
Vai frío, dixo o vello,
puxo o abrigo,
calou a pucha ata as cellas
e tusiu resignado.
Despois saíron. 
                                       Do libro "Territorios estraños"