domingo, 25 de abril de 2010

CRAVOS REVOLUCIONARIOS


Houbo un día en que os aires de liberdade sopraron en Portugal.
Houbo un día en que un raio de esperanza rachou o vello “Estado Novo” do dictador Salazar.
Tal día como hoxe, no 74, Portugal esperta dun pesadelo e toma conciencia de si mesmo. Unha canción foi o sinal para que a historia cambiara de rumbo, a revolución se fixera romántica, e rúas e prazas se enchouparan de feitizo. E abril foi un mes de esquerdas e brindouse con fado e vinho verde.
Nunca antes un pobo bailou tan a gusto cos militares sublevados.
Xamais a poesía foi tan amiga dos uniformes.
Xamais os caraveis confraternizaron tanto con fusiles.
Ben está lembralo.

...

13 comentarios:

Ana dijo...

Como portuguesa, agradexote este post de recordo. Fai un ano,fixen unha entrada precida e con o mesmo vídeo.

Bicos

Manuel L. Rodrigues dijo...

ei Raposo... quizabes nós tamén algún día, ehhh???

Apertas fondas

Chousa da Alcandra dijo...

Xúntome co dito por Manuel L.e polo pensado polo Raposo con este post. Tal vez un día haxa unha marcha das mil primaveras...

Apertas

Anónimo dijo...

Preciosa ista entrada.Noraboa. Luitar por unha primavera, nunca é causa perdida...


1 12 bk

Xan dijo...

Mentres isto acontecía na rúa. Nas cavernas do poder real afanábanse para furtar ao pobo os seus dereitos e mancillar os soños. Daquel Portugal, xa non queda nada, só o queixume da oportunidade perdida. A man USA que mece os berces, terminou coa primavera.

HADEX dijo...

Únome á túa esperanza.

Bicos

BRABIDO dijo...

Lembrar cousas coma estas sempre motivan e dan forzas.

O pobo unido xamais sera vencido,viva a LIBERDADE.

Saúdos

xenevra dijo...

E eu quero deixar un outro cravo (caravel) para construírmos entre todos esas mil primaveras, como xa dixo o Chousa, que nos farán espertar do soño.
Uma revolução e um sonho de liberdade!!

A nena do paraugas dijo...

Tal vez algún día, si. En cuanto, sigamos cantando...

Bolboreteira dijo...

Fermosa lembranza dun momento historico realmete fermoso e esperanzador.
Un biquiño

fonsilleda dijo...

Ben esta non esquecer.
Bicos.

Pau dijo...

Vai sendo hora de outra revolución dos cravos pero a nivel mundial, xa que esta clase politica e financieira estanos a afundir totalmente

Maribel-bel dijo...

Eu creo en case todas as revolucións, as das 13 rosas, tamén. Gústame a túa anarquía revolucionaria. Unha aperta.