Carro cargado con esterco. Foto de Antonio Rodríguez Díaz, de Torbeo
Vou ir poñendo aquí as letras dunhas cancións da miña autoría que forman parte do Cancioneiro Labrego de Sober e que o grupo musical Os Parentes teñen a ben cantar nas súas actuacións.
Empezo
con “O rock da arrinca do esterco”, unha lembranza a esta faceta agrícola, tan
traballosa ela.
O ROCK DA ARRINCA DO ESTERCO
Arrincando
no esterco
alá polo abril,
unha corte escura
e luz de candil.
O teito era baixo,
o carro era vello;
non me remexía
naquel cortello.
Fora ía frío
e tamén chovía
na
arrinca do esterco
da tía María.
Arrincando
no esterco
un
día de verán,
ás
tres da tarde
e o
sol a quentar.
Eu
súa que súa,
ai,
que diaño!
Xa
non podía
nin
co picaño.
Me
cago no mundo!
Me
cago na tos!
A
arrinca do esterco
en
Gundivós.
Rock, rock, rock.
Rock, rock, rock.
Rock da arrinca do esterco,
Rock do labrador.
Arrincando no esterco,
mediados de novembro,
no curral do cura
e ben que me lembro.
Estrume de ovella,
enxoito e desfeito;
carro con canizas
e premendo a eito.
Barullo no sobrado,
fun ver que pasaba,
e alí estaba o crego
enriba da criada.
Arrincando no esterco
no mes de xaneiro,
carambelo, xeada,
lume no caldeiro.
Eu coa xugada
e na corte o Andrés,
non daban quecido
as mans nin os pés.
Esvarei no chan,
caín de fociños.
O que hai que facer
pra
gañar os cartiños!
Rock,
rock, rock.
Rock,
rock, rock.
Rock
da arrinca do esterco,
Rock do labrador.
Bis
Déixovos este vídeo: a imaxe non é boa pero o son pode pasar.
5 comentarios:
Grazas a ti os vellos arricandores de esterco nunca van morrer!!!
Parabéns
Chousa, trátase polo menos de non esquecelos de todo!!
Os parentes vinos eu un par de veces aquí en Chantada, gustei moito. Que bo coñecer o autor de letras tan boas :)
Maruxinha
Grazas, Maruxinha!
Grande tema, raposo. Parabéns pola creatividade e a dignificación dos traballos do rural. Un clásico a "arrinca do esterco" ;)
A ver se te coñezo algún día, crack!
Eu son Xosé Man Hermanager
Saúdos,
Xosé Manuel
Publicar un comentario