martes, 26 de abril de 2011

JAVIER KRAHE EN VIGO

Ten un certo aire a profeta desencantado. Nunca foi un superventas, nin encheu estadios de fútbol. O seu son os locais pequenos e un público fiel que o segue ano tras ano.
E un cantautor de minorías que gusta das rimas e as súas cancións din moito máis do que parecen a simple vista. Curioso, escéptico, burlón, fumador empedernido, irónico, irreverente, sagaz, Javier Krahe actúa este xoves 28 en Vigo. Haberá que velo porque....

11 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Ser será de minorías, pero o concerto vai ser en Vigo e non en Antas, cajonatós. Xa que logo deduzo que aquí teremos que seguir fo....

Disfrútao. Aquí tamén o tentaremos!

A cruz da Campá dijo...

¡Qué grande Krahe! Non sabría con que canción quedarme:Burdo rumor, Cuervo Ingenuo, Gracias Canción, La Hoguera,... Se cadra é millor quedarse con todas.

A nena do paraugas dijo...

Coincido coa Cruz. Non sabería con que quedarme. Usa un ironía tan fina e directa que entra ata o máis adentro e dá moito que pensar.
Que o disfrute, señor Raposo. E xa nos contará.

Un saúdo.

Kaplan dijo...

Ai, que certo é que o que tivo retivo.

zeltia dijo...

eu son fiel a Krahe.
pero so nos arredores da coruña.
[está cara a jasolina para unha remuneración de funcionaria que non é dos grupos de elite]

Espero que tí nolo contes.!

xenevra dijo...

espero que nestes momentos esteas a gozar a tope do concerto. Hai anos vino en Lugo, no Clavi; demasiado fume e calor. Supoño que este é un dos locais que gañou coa lei que prohibe fumar en lugares públicos ;))

Raposo dijo...

CHOUSA: tiñas que falar cos da comisión de festas a ver si o contratan, oh!
A CRUZ DA CAMPÁ: hai tantas, Villatripas, ¿Donde se habrá metido esta mujer?, Eros y civilización, Señor Juez, Canadá, Canadá.....
A NENA DO PARAGUAS: disfutei, disfrutei, non só coas cancións senón cos comentarios que fai entre unha e outra.
KAPLAN: Si, ese fino humor, a ironía e a lucidez mental seguen como sempre.
ZELTIA: A Coruña creo que non vai pero estará en Santiago o 17 e o 18 de maio no Dadá. Por si che interesa.
XENEVRA: Pois podes volver a velo porque estará no Clavi o 6 de maio, este ano xa sen fume.

Apertas a tod@s.

Xan dijo...

Krahe todo un clásico. Espero que disfrutaras da súa actuación.
Un saúdo

rui dijo...

Pois eu só o coñecía de nome, pero esta canción que puxeches é o primeiro que escoito del e paréceseme moitísimo a Georges Brassens, que me encanta e me axudara moito co francés. (Tamén son fan de Sabina, creo que o Krahe caeríame ben)

Magdalena Malungo dijo...

jajaja! Pois NON, OU SI? Tiña un noivo que... presentoume a Javier Krahe hai anos e...¡Apunto as datas compostelanas!

zeltia dijo...

Non lembro que tiña que facer o 18 de maio... pero ainda me queda o 17!
Espero poder ir, grazas pola información!!!

biquiños, Raposo!