miércoles, 22 de febrero de 2012

WYOMING (Y LOS INSOLVENTES)

Aparte de presentar na Sexta “El Intermedio” (un dos programas máis recomendables de toda a oferta televisiva), O Gran Wyoming é médico, actor, escritor, músico, guionista.
Irreverente, lúcido, cachondo, caústico, showman, este madrileño tamén ten un grupo de rock chamado Wyoming y los Insolventes. Este venres, 24 de febreiro, actúan en “El Ensanche”, Vigo. Si vos pilla cerca e tedes tempo ide a velos. Vale a pena!

8 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Eu pensei que era galego.

Raposo dijo...

Pois non, madrileño de toda a vida!

Dilaida dijo...

Son seguidora del dende hai moitos anos.
Bicos

mariola dijo...

Eu xa os vin no meu pobo este verán, e si, estiveron bastante ben.
Aínda que as cancións son versionadas vale a pena achegarse e disfrutar un ratiño da súa música.
un abrazo.

Paz Zeltia dijo...

encántame wyoming!,
en vez de los insolventes, debían chamarse irreductibles!
parece que os anos non o queiman, iso é o que máis me gusta

A nena do paraugas dijo...

Admirable! Sácalle punta a todo, sen despeitearse! Para min o intermedio é o mellor momento do día.

xenevra dijo...

Pois non me pilla cerca, mais tomo nota do grupo (e procurarei algo) e tentarei poñer a tv para non me perder estas cousas ;)

vakastolas dijo...

Como músico non podo opinar, pero sempre me pon de bo humor con tanto lixo que hai por aí estrado. Só por iso, xa me sinto en débeda con el.

Terei que mirar o dos comentarios do meu blog, que paranoia!