Un ano máis - e xa van nove - O Colado do Vento organiza o "encontro á
luz da lúa", singular xornada nocturna na que compartimos contos,
cantos, saberes, poemas ou o que cada quen desexe.
Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O
Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais, as persoas
participantes poden aportar poemas, cancións, contos, reflexións...
O encontro celebrarase en Cadeiras a partir das 22:30 h, iniciando a
noite cuns pinchiños de rosca con queixo e viño e licores de Sober.
Quedamos nas mesas de pedra que hai xunto ao bar.
Logo, no entorno do miradoiro e santuario desenvolveranse as actuacións e intervencións das persoas participantes a partir das 11:15 aproximadamente.
Logo, no entorno do miradoiro e santuario desenvolveranse as actuacións e intervencións das persoas participantes a partir das 11:15 aproximadamente.
Achegádevos a vivir unha noite de verán ao plenilunio!
1 comentario:
Debeu resultar un encontro moi interesante e emotivo.
Publicar un comentario