martes, 24 de noviembre de 2009

ESTA NOITE, SABINA


Esta noite hai abordaxe de piratas;
esta noite non traballa a policía;
esta noite tomaremos os cubatas
na barra do bar de Calle Melancolía.

Esta noite blues, rumba, rock, bicos con sal,
vinagre e rosas, tiramisú de limón,
e Pancho Varona animando ó persoal
a pisar o acelerador do corazón.

Esta noite derrubamos as fronteiras;
esta noite as guitarras vencen ó fusil;
esta noite de novembro e de bandeiras
indultamos ó ladrón do mes de abril.

Esta noite non escapan os fuxitivos;
esta noite liberdade, sexo, loucura;
esta noite si que sobran os motivos
para facernos adictos a tenrura.

Esta noite ninguén se lembra da rutina;
esta noite tódalas mozas son princesas;
esta noite os versos dun tal Sabina
serán cancións no Pavillón das Travesas.

21 comentarios:

vermella dijo...

que envexa me das,pasao ben e xa contarás,noite de farra.....
bicos.

Nébeda Piñeiro Barros dijo...

alá estaremos ;)

fonsilleda dijo...

Hoxe pasei por diante do Pavillón, pola mañán cedo, enorme camión diante. Recordamos a Sabina, hoxe aquí, en Vigo.
Pasádeo ben.
Bicos

Sun Iou Miou dijo...

Cheguei tarde ás entradas, como sempre. E laméntoo de verdade, porque é dos poucos grandes que me apetece ver. Así que, por favor, lémbrate de min cando te emociones coas súas letras, aínda que non sexa princesa.

Anónimo dijo...

Eh! Aló estaremos!
Mágoa non coñecerte...
Disfrútao, raposo, que eu tamén hei facer o que poida. E xa me tarda!

Carlos Sousa dijo...

"Esta noite o Raposo vai gozar,
e non vai a roubar galiñas,
parece que vai cantar e saltar,
mentras actúa Sabina."

Vaia chorrada me saíu.
Que disfrutes, acordareime de ti. Xa contarás como foi todo.

BRABIDO dijo...

Tenemos un techo con libros y besos,tenemos el morbo,los celos la sangre,tenemos la niebla metida en los huesos,tenemos el lujo de no tener hambre.

Deambulando con Artabria dijo...

Pois a pasalo moi ben, que de seguro non necesitades que volo digan, a que non?

Lolita Lamento dijo...

Asssucar ;)

Barreira dijo...

Mecaghonatós!!! Como ides disfrutar. A min resultame un pouco aburrido, parecenme todas as cancións iguais. Pero recoñezo que, ainda que a min non me guste, ten que ser un luxo escoitalo en directo.
Xa contarás. Saudos.

Suso Lista dijo...

Pois que o pasedes ben. Eu non me podo mover de esta Costa da Morte ventosa.

Chousa da Alcandra dijo...

Supoño que che darán as dez e as once, as doce, a unha e as dúas...
Disfrútao, compañeiro!

vakastolas dijo...

e pode que lle dean as tres... xa nos contará.

Son Unha Xoaniña dijo...

Hoxe si que me das envexa...ai! quen estivera ahí
Destas horas estaredes xa a tope, escoitando ese Sabina poeta. Eu conformareime co recordo dun concerto que deu en Ourense no Pavillón dos Remedios hai moitos anos, que ben o pasei!
Xa contarás. bicos.

Zeltia dijo...

sabina este martes de novembro,
qué bo plan,
poder ser hoxe o pirata coxo con pata de pau, co parche no ollo, con cara de malo!
pasar a noite a probar outros nomes, meterte na pel de todos os homes que nunca has ser!

FraVernero dijo...

Sabes que a sabinomanía é unha enfermidade xeralizada en Serra de Outes? Eiquí ténselle unha paixón estremada... hahaha

Bolboreteira dijo...

Sabina..que grande !
Merece a pena velo..e hai que ir con gañas que él suele ter corda larga.Eu fun a velo en concerto xa hai un tempo, tres horas concerto!!!, im presionante!!!.
Un bico

corredoira dijo...

Raposo! ¿qué tal o concerto?
Seica esa noite deronche as dez e as once, as doce e a unha e as dúas...e as tres...

Carlos Sousa dijo...

...e as catro, e as cinco, e as seis... e as doce outra vez, e aínda non contas nada... Deixate querer e conta algo, aínda que sinta máis envexa

Mer dijo...

e qué tal foi?

fgul dijo...

si Sabina me caese a metade de ben do que canta... aish meu deus!!