"Cautelosamente al principio, con indiferencia después, con desesperación al fin, erré por escaleras y pavimentos del inextricable palacio.
“Este palacio es fábrica de los dioses”, pensé primeramente. Exploré los inhabitados recintos y corregí: “Los dioses que lo edificaron han muerto”. Noté sus peculiaridades y dije: “Los dioses que lo edificaron estaban locos”. A esta impresión se agregaron otras: la de lo interminable, la de lo atroz, la de complejamente insensato.
En el palacio que imperfectamente exploré, la arquitectura carecía de fin. Abundaban el corredor sin salida, la alta ventana inalcanzable, la aparatosa puerta que daba a una celda o a un pozo, las increíbles escaleras inversas, con lo peldaños y la balaustrada hacia abajo."
Estas verbas pertencen o relato El inmortal, de Jorge Luís Borges. Lembreino porque este sábado pasei polo Gaiás e sentín algo parecido: unha sensación de incomodidade, un disparate incoherente, un animal prehistórico profanando a montaña, o inútil, o despilfarro elevado a enésima potencia.

9 comentarios:
É unha mágoa que se gastaran os cartos da xente en proxectos que non se aproveitan.
Saúdos.
Antón.
Cando empecei a ler, e vendo as imaxes que acompañas, pensei quen sería o que define con tanta perfección a barbaridade do Gaiás (queda claro que aínda non lin "El Inmortal").
Así e todo, para xuntar a Fraga co Che Guevara agora...podíamolo amañar algo máis a prezo!!!
Vou seguir devanando co borrador que me mandou a aeat!!
Nin sequera serviu para soterrar a quen nos seus soños faraónicos decidiu comezar a súa construción. Imaxe, coma outras moitas neste país, dos dispilfarros que agora temos que pagar e pagaran os nosos fillos e netos. Pero non hai problema, cando non haxa que levar a boca, sempre poderemos ir pasar o día ao Gaiás.
Bicos
tamén eu, que o visitei hai pouco, tiven sensacións estrañas e sentimentos moi parecidos aos que tí citas...
Xa non me gustou a idea no inicio e decepcionoume o resultado. Valente maneira de afogar un país! Para que?
Para nada.
Non o visitei, pero está claro que co que dis, coas fotos, con este proxecto un pouco á desfeita quedan claras as túas percepcións.
un bico.
Acáelle xenial a descrición de Borges. Nada máis podía acaerlle ben a isto. espero non sexa a metáfora do futuro de Galiza, da súa cultura, do seu sentido. Aínda que recoñezo que ultimamente me dá moito medo todo isto que están a facer, mentres nós pensamos que chove por orde de Bruxelas.
Eu tamén estiven por alí hai pouco, e a primeira sensación foi de obra faraónica, pero despois viume tamén a decepción: pareceume absolutamente desproporcionado todo, dende os corredores ata a altura dos teitos da biblioteca cos andeis medio baleiros. Era como ver un edificio pantasma.
Concordo contigo: vaille xenial a descrición de Borges.
Malia que por fóra a min gústame, recoñézoo, é un auténtico despropósito en todos os sentidos.
Iso mesmo dixeron os antergos nos tempos dos faraós. Hoxe moitos gozan delas...
Haberá que deixar pasar o tempo......pra esquencer tudo isto. Ou pra o que desexan eles....que o esquencemos logo.
Deica
Publicar un comentario